A trixésima cuarta edición dos Premios Goya, que celebrou a súa gala este 25 de xaneiro, acabou con dous galardóns para o cinema galego. O seu traballo en O que arde, de Óliver Laxe, valeulle a Benedicta Sánchez facerse co galardón á actriz revelación, mentres Mauro Herce obtivo o de dirección de fotografÃa polo mesmo filme. Non se concretaron as outras dúas candidaturas para esta produción, as de mellor filme e mellor dirección, que foron para Dolor y gloria de Pedro Almodóvar. Tampouco o galego Santi Prego conseguiu a estatua a mellor actor revelación, que lle foi outorgada a Enric Auquer polo seu traballo na produción galega Quen a ferro mata.