Ana Moreiras debuta na banda deseñada con Madialeva

A obra recolle relatos orais do rural lugués

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Ana Moreiras debuta na banda deseñada con Madialeva

Logo de reunir máis de 4.000 euros vía crowdfunding, a ilustradora Ana Moreiras lanzou ao público este Nadal Madialeva, a súa primeira banda deseñada. A obra, unha serie de relatos gráficos sobre o rural galego parte das historias que a autora escoitou na súa aldea de Friol e presenta un retrato deste mundo protagonizado polas "nosas nais, avoas e bisavoas: esas mulleres bravas que tan a miúdo sostiveron ás súas familias nun século ben difícil". O volume, a toda cor, está á venda a un prezo de 18 euros.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Mulleres, Nadal

Claves