A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ven de entregar os premios da súa IXª certame de curtametraxes que tiña como requisito que as pezas fose de menos de 30 minutos e xirarán ao redor da literatura galega, interpretando ou explorando calquera texto de calquera época. Na categorÃa xeral o primeiro premio foi para o artista Pepe Galán, vencellado á escultura, que levou o primeiro premio por Mulleres Muro, a garda patética. O segundo premio foi para o realizador Daniel Chapela pola súa peza sobre a escritora Emma Pedreira, Emma Pedreira. O des-en-freo. Ademais a a AS-PG, dentro dos seus obxectivos, tamén premia a traballos levados a cabo polos estudantes dos centro de ensino do paÃs e neste caso o primeiro premio nesa categorÃa foi para Cristina de La Torre (IES MacÃas o Namorado- Padrón) pola súa obra RosalÃa, quilómetro cero. MarÃa Jesús López Abelairas (CEIP Martagona-Melide) levou o segundo premio pola curtametraxe A mellor sopa do mundo e a peza Irmaus – Celso Emilio, asinada en equipo polo alumnado de 1º bacharelato do IES MarÃa Soliño de Cangas obtivo unha mención especial.