Talía Teatro volve a darlle á lingua con 'Lambetadas'

A compañía estrea o novo espectáculo para público familiar en Rianxo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Talía Teatro volve a darlle á lingua con 'Lambetadas'

O auditorio municipal de Rianxo é o lugar elixido para estrea este venres de Lambetadas, o novo espectáculo de Talía Teatro para público familiar e infantil, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua galega como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade actual. Trasw daqueles exitosos espectáculos Bicos con lingua e Pelos na lingua a compañía volve amosar a capacidade do teatro como ferramenta para a normalización lingüística neste Lambetadas. O traballo de creación baséase nos textos encargados ex profeso a varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos. Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas. Mediante o xogo escénico e o humor, os dous protagonistas han pasar por diversas situacións cómicas que os levarán, sempre desde unha linguaxe naif e inocente, a encarnar múltiples personaxes con diferentes oficios e disciplinas. María Ordoñez e Diego Rey dan vida aos protagonistas da obra baixo a dirección de Santiago Cortegoso.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Polos pelos

Polos pelos

Talía teatro ironiza sobre os abusos que sofre o galego en Pelos na lingua

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Talía Teatro, Santiago Cortegoso...