A X edición do Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA recoñeceu o traballo dun compositor galego. O ponteareán Eduardo Soutullo era galardoado este 19 de novembro neste certame pola súa obra Alén, unha peza inspirada polo monumento megalÃtico Porta do Alén. O xurado do premio, dotado con 18.000 euros en metálico, emitiu o seu fallo logo de escoller a obra do galego entre as 59 partituras que se presentaron ao certame. Para alén da dotación en metálico, as 31 formacións que fan parte da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas, entre elas a Orquestra Nacional de España e a de RTVE, interpretarán a peza entre os anos 2020 e 2022.
Andrés Lacasa Nikiforov, vicepresidente da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS); Baldur Brönimann, director titular da Orquestra da Casa da Música do Porto; Juan Pujol, da Fundación BBVA e a notaria MarÃa de Miguel compuxeron o comité reponsable da selección.
Segundo destacou Brönimann, "o que nos impresionou desta partitura é como trata o son orquestral ao achegarse a un sitio de culto celta que se pensaba era a porta ao alén. Eduardo transforma esta ponte entre a nosa realidade e o alén en son dun xeito moi subtil, con sonoridades que ás veces están o ruÃdo e a nota, a utilizar técnicas estendidas, microtonos... e no que claramente é unha busca dunha linguaxe propia". Ademais sinalou que "Alén é un exemplo claro dunha obra tecnicamente moi boa na transformación da idea, cun grande fundamento musical e, ao tempo, que destaca pola súa orixinalidade".