O prestixioso premio Lawson-May de composición ten un gañador galego na súa edición 2020. O músico ponteareán Eduardo Soutullo fÃxose con este galardón ao resultar escolleita a súa obra Qebui entre as 524 partituras recibidas a concurso de todo o mundo. O xurado destacou do traballo de Soutullo "a cautivadora linguaxe harmónica, as texturas exquisitas e a escrita idiomática pero orixinal para os instrumentos". As bases do certame británico pedÃan obras para un grupo de cámara, ata un máximo de seis intérpretes, e cunha duración de entre 7 e 15 minutos. Soutullo recibirá o premio de 3.000 libras en metálico e verá a súa obra estreada na vindeira edición do Solent Music Festival.