Marcelo Dobode presenta o proxecto en solitario 'Turoqua'

O artista aposta por unha visión contemporánea do son tradicional

12/11/2019 | Santiago. S.Montes | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Marcelo Dobode defínese a sí mesmo como un artista multidisciplinar que transita entre os escenarios do teatro, como escenógrafo, a música e as artes plásticas. Esta semana presenta os froitos do seu traballo na vertente musical, o seu primeiro proxecto en solitario, Turoqua (Nakra, 2019). O proxecto Dobode está en liña con outros proxectos que nos últimos tempos buscan a fusión de sons desde unha sólida base tradicional conformando unha opción de "Trad contemporáneo" que traspasa as fronteiras habituais e descoloca as etiquetas coas súas melodías onde teñen cabida os instrumentos eléctricos e de percusión propios da música jazz, pop ou rock, xunto con algunhas das súas características na parte dos arranxos. O concepto de Turoqua, sorprende, pero ao mesmo tempo, agarima pola . Intensidade sonora na calma poética dos retrousos da creación colectiva e nos compostos polo propio Marcelo. Carballeira é a canción que sae como carta de presentación do disco que sairá en formato dixital e físico. A estrea será no Teatro Principal de Pontevedra este domingo 17 de novembro. No concerto, contará cos mesmos músicos dos que se rodeou na gravación: Adrián Saavedra (arranxista e productor, teclados), Felix Rodríguez (percusión) Ramon Orencio (Mon)(guitarras), Xacobo Prieto (baixo).

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Pop, Jazz, Rock...