Coñecida nos últimos anos pola súa actividade nas artes plásticas Rebeca Ponte presenta hoxe ás 21 horas na boite do Playa Club da Coruña o seu disco On the windowsill. Usando como nome musical a translación ao inglés do seu, Cardigan Bridge por Rebeca Ponte, a artista multidisciplinar ofrece neste disco nove temas en inglés tamén, escritos e compostos por ela. Ponte, que foi alumna da Escola de Jazz do Concello da Coruña, participou en diversas formacións musicais nos últimos anos ademais de incluÃr pezas da súa composición en diversas exposicións e performances plásticas, asà como para pezas danza contemporánea. En On the windowsill Rebeca presenta un traballo “sen grandes pretensións” que amosa as súas raÃces musicais no folk-pop feminino contemporáneo con influencias que van desde Tracy Chapman ou Carly Simon ata Lorena MacKennit ou grandes damas do jazz como Ella Fitzgerald. A artista presente unha serie de videoclips das cancións feitos con base en obras fotográficas súas.