O concello de Ferrol encargou ao arquitecto Ramón Montero a redacción do proxecto de adaptación dunha das torres do castelo de San Felipe, ubicado na entrada da rÃa de Ferrol, como espazo expositivo. A adxudicación, por un importe de 13.358 euros, contempla a redacción do proxecto arquitectónico e do contido expositivo, e é o primeiro paso para a rehabilitación do espazo, que xa dispón dun orzamento de 100.000 euros con carto aos fondos do Interreg. Trátase dunha actuación parte do proxecto MMIAH, que ten como obxectivo poñer en valor o borde litoral atlántico recuperando antigos bens militares, industriais e marÃtimos das cidades.