Na axenda cultural galega prolifera nos últimos anos un tipo de proxecto cultural que aspira á súa propia desaparición. Propostas de cultura inclusiva que poñen de relevo o traballo de persoas con diversidades funcionais, sensoriais ou de colectivos excluídos por calquera medio. No entanto, a vontade común a este tipo de iniciativas é deixar de ser necesarias e se integraren como unha parte máis da diversidade creativa e cultural do país.
O III Festi= e mais o III Festival Diversidarte da Coruña, o IV Festival Igual Arte de Vigo, o VI Festival de Cultura Xorda de Lugo, o VII Festival de Cine Inclusivo de Vigo ou Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual, en xira polas sedes de Afundación, son só algunhas das máis coñecidas iniciativas sobre cultura e diversidade que se están a desenvolver ao longo deste 2019. Como se pode comprobar pola súa relativa xuventude, é nos últimos anos que están a se multiplicar propostas deste tipo, nas que a creación artística e a produción cultural se integran coa atención á diversidade funcional ou a exclusión. "É certo que nesta última década apareceron moitas iniciativas da nada" recoñece Marcos Estévez, director do centro ocupacional da Fundación Igual Arte e organizador do festival homónimo en Vigo. "Antes non había festivais de arte e discapacidade e agora hai bastantes".
Igual Arte
Como un dos exemplos destacados neste campo a nivel galego, Igual Arte celebrou en outubro deste 2019 a súa cuarta edición logo dun ano de pausa. Co foco posto nas artes do movemento e na fotografía, contou no seu programa con quince espectáculos de danza e propostas como Jonas Desquay, da Escola de Circo de Bruxelas, a Compañía de Danza da Fundación Igual Arte, os grupos Media Punta, o Conservatorio Mayeusis e Dance Academy ademais da exposición de fotografía Corpo e Movemento. Estévez apunta que "este ano integramos no festival escolas que non traballan especificamente con diversidade" como son Mayeusis ou as escolas de fotografía Zona 5 e Foxpain, "para que impere a idea de arte fronte á de arte e discapacidade", explica.
Diversidarte
Do mesmo xeito, a cuarta xeira de Diversidarte desenvolveuse na Coruña a partir da segunda quincena de setembro. Música, accións de arte na rúa, expresión corporal, pintura e fotografía atopáronse nunha cita que contou cunha especial presenza cinematográfica. A sección DiversimaCine recibiu 1.100 traballos de 89 países diferentes para as súas catro categorías de perspectiva de xénero, diversidade sexual, diversidade funcional e exclusión social. De cara ao vindeiro ano, Cristina De la Puente, directora de Proxectos da Asociación Poten100mos, que organiza o evento, apunta que a grande aposta será polas artes escénicas. "Terán moito protagonismo canda á música. Tamén se fará a convocatoria audiovisual, pero ao mellor cunha menor dimensión e a atender máis traballos locais e rexionais". No marco desta edición presentouse ademais o proxecto Taigeto, Sueños y Normalidad que inclúe unha exposición fotográfica colectiva, unha performance e mais a edición dun libro. Este proxecto fai tamén parte do programa do Festi=, o evento que achega á cidade diferentes propostas de cultura inclusiva ao longo do mes de novembro da man da Fundación Emalcsa e do Concello da Coruña. Por se fose pouco, de Diversidarte derívase desde hai anos unha programación que leva algunhas das actividades do evento a outros espazos. Portomarín, Palas de Rei, Finisterre, Carral ou Oleiros son algunhas das localidades que reciben estes minifestivais.
Novos xeitos de traballar
Tanto no marco destes encontros como de xeito paralelo a eles proliferan tamén exposicións, proxectos audiovisuais e iniciativas de música ou artes escénicas que amosan o potencial da cultura para a expresión e a comunicación entre persoas con independencia da diversidade inherente a todos nós. Canda á citada multiplicación de citas, Estévez recoñece unha evolución no xeito de traballo coa cultura neste campo, cunha maior aposta por conseguir que a creación cultural transcenda o ámbito da afección. "Nos dezaoito anos que levamos a traballar houbo unha evolución", apunta desde a Fundación Igual Arte. "Cómpre diferenciar entre a parte artística de ocio e a profesional. É diferente o uso de disciplinas artísticas como xeito de ocio, relación e tempo libre do que a arte como algo que se quere profesionalizar. Isto é o que tentamos ao longo deste tempo. Comezamos cunha escola artística con rapaces desde os tres anos ata adultos. A idea era utilizar a creación como un xeito de ocio, coñecer outra xente, desenvolver disciplinas, e empregar outras linguaxes para se expresar", apunta. En 2008 a organización deu un novo paso co desenvolvemento dun centro ocupacional especializado polo momento en artes escénicas, plásticas e audiovisual. "Aí xa pretendemos desenvolver esta profesionalización". Dentro desta liña, a fundación xestiona os espectáculos En mis zapatos de danza contemporánea, o espectáculo musical Devir, que mestura o tradicional co contemporáneo ou a iniciativa audiovisual Igual Arte Film Project.
A profesionalización pendente
Nunha liña similar de aposta pola profesionalización, para alén do festival e de todo o traballo previo de creación e desenvolvemento, Diversidarte deu tamén nunha plataforma que aposta por apoiar "o traballo de artistas en situación de exclusión e vulnerabilidade de calquera tipo", explica Cristina de la Puente. Deste xeito, tarefas de promoción, mediación e apoio para vendas e contratacións son algunhas das tarefas que desenvolven. "Contamos cun portal para que poidan colgar a súas obras, tanto visuais como de artes escénicas, bandas de música, teatro ou calquera disciplina artística", explica. A música electrónica de Naranja Imaginario, a banda XeRock e a súa derivada XeRock percusión, o grupo de teatro, danza, música e audiovisual Torre de Babel da AC Diversos, ou o bailarín Ricardo Prado e o seu proxecto de danza integrada fan parte do proxecto de xestión cultural da entidade. Canda a estes, a plataforma corre coa representación de obras de Yanina Torres Tuirán, Ataúlfo Casado, Evelyne Amies de Vos, Chelo do Xastre, Pilar Juan, Ibrahima Ndiaye, María Loureiro, Urza, Paula Fernández e os traballos que se desenvolven no seo dos colectivo Aind e Grumico. O proxecto, segundo asegura De la Puente, "abarca a maior cantidade posible de colectivos sociais en situación de exclusión, xa sexa por diversidade funcional, física, psíquica, sensorial, sexual, por pobreza, casos de migracións ou refuxiados. Tentamos aglutinar o máis posible estes colectivos sen os catalogar".
Chegar ao público xeral
De xeito paradoxal, a visibilidade que conseguen este tipo de propostas restrinxe en ocasións o seu potencial encontro co público. "Observamos que cando facermos unha produción e hai xente con discapacidade ou diversidade nela, o primeiro que se adoita pensar é que o público está vencellado a este mundo. Resulta difícil que a sociedade entenda que son proxectos para o desfrute do público en xeral. Hai moita xente que vén e coñece estas propostas e fica sorprendida ao desfrutar realmente do espectáculo", apunta Estévez. Un dos retos para este tipo de iniciativas é conseguir continuidade, algo que este profesional vencella co labor de profesionalización. "O mundo artístico é complicado, e resulta difícil producir tanto unha exposición como unha produción de danza ou musical", admite. "Temos que pasar das experiencias puntuais a cousas que se manteñan co tempo. Os obradoiros e as escolas están moi ben para comezar pero non permiten unha evolución que permita normalizar o traballo e conseguir unha resposta artística axeitada para todo o mundo", conclúe.
Máis apoio
Sobre a evolución deste tipo de propostas no panorama cultural galego, tanto De la Puente como Estévez coinciden en sinalar unha maior consciencia social sobre a problemática, ao tempo que recoñecen que falta moito traballo por facer. "Notamos un grande apoio institucional tanto público como privado", sinala De la Puente desde A Coruña. "Houbo unha evolución desde hai uns anos, é un paso". Proxectos coma o seu "están a ter repercusión porque se lle está a dar importancia á arte inclusiva de xeito profesional e normalizado, sen caer na pena ou na separación", e recoñece o potencial da cultura para favorecer a conexión entre persoas e colectivos. "É un xeito de rachar as barreiras psicolóxicas", sinala. De cara ao futuro, a responsable de Diversidarte advirte que "o paso seguinte sería que en cinema, televisión ou en todos os eventos culturais haxa sempre persoas con diversidade, non por unha cuestión de cotas, senón por o merecer como artistas".
As barreiras
Dentro das tarefas pendentes, De la Puente apunta tamén que aspectos básicos como a accesibilidade mantéñense como unha eiva aínda presente. "Arquitectonicamente non todos os espazos culturais están adaptados, faltan intérpretes de lingua de signos en moitos eventos, pero é certo que se está a prestar unha especial atención a estas cuestións". E é que a diversidade funcional pode supor unha barreira importante á hora de se achegar á cultura. "Moitas destas persoas non participan na vida cultural", advirte desde Poten100mos. "É importante que os eventos estean preparados para atender isto, mesmo que logo a xente non vaia. Nós tivemos intérpretes de lingua de signos en eventos nos que non houbo xente xorda, pero logo sóubose que había contidos adaptados e na gala do festival, por exemplo, si que contamos con público xordo", explica. "Cando se corre a voz de que algo vai estar adaptado, estas persoas comezan a participar. Pola contra, se dan por suposto que non vai ser así, é difícil que queiran participar e posiblemente se autoexclúan". Á hora de mellorar esta cuestión advirte que as tarefas pendentes son moitas. "Habería que listar por separado as necesidades de cada colectivo. Desde facer programas que sexan fáciles de ler para persoas con diversidade intelectual, pór códigos QR para que as persoas cegas poidan empregar as súas aplicacións de audiodescrición ou contar con bucles magnéticos", un sistema que elimina ruído de fondo en evento multitudinarios para persoas usuarias de audífonos.
Outras propostas
Tamén na atención a un público diverso están a proliferar propostas no país desde as máis diversos ámbitos. O pasado 21 de outubro o Centro Galego de Artes Contemporánea acollía a Xornada Cultura e Autismo, que facía especial énfase nas posibilidades dos museos como espazos de integración así como no traballo cultural con persoas con espectro autista. Desde o concello de Nigrán, pola súa banda, adquiriron e están a ceder a outras entidades mochilas vibratorias para que persoas con problemas auditivos poidan desfrutar de concertos no que é un proxecto pioneiro a nivel estatal. A preocupación por atender á diversidade de públicos está a chegar mesmo ás festas patronais, e xa son varios os concellos que programan horarios sen música para as atraccións de feira. Dentro das iniciativas actuais máis destacadas deste campo, De la Puente destaca o labor da Fundación Emalcsa. "O seu programa de cultura inclusiva, do que participamos, integra moitos colectivos, tanto de atención á diversidade como outros" de carácter cultural. "Están Amigos da Ópera, Sen ánimo de Nome, A Asociación de Filatelia, Diversos ou a Quinta da arte". Para alén do Festi=, que esta entidade promove en colaboración co concello da Coruña, outras iniciativas como o Ciclo de Lírica Inclusiva.
A desaparición pendente
Como obxectivo último, os responsables de iniciativas coma estas aspiran a que as mesmas deixen de ser necesarias. "As disciplinas artísticas favorecen a calquera persoa. Ogallá estivesen mais integrada na educación de todo o mundo", explica Marcos Estévez, "Cando a falar destas propostas deixemos de facer preguntas que non fariamos de non estar a falar de discapacidade será cando teñamos asumida a diversidade". Do mesmo xeito ca el, Cristina de la Puente, apunta que "o obxectivo é empregar a arte como ferramenta fundamental de todo o mundo. Do mesmo xeito que a empatía é universal, a arte é tamén universal e debe permitir que todos os colectivos e todas as persoas, dentro da diversidade que existe, se visibilicen e non se exclúa a ninguén polas súas circunstancias. Do que trata a diversidade é precisamente de que todos facemos parte dela. Na normalidade desta variación está a riqueza, as persoas somos diferentes e iso enriquécenos". Para Estévez, pola súa banda "o reto principal é deixar de ver as cousas que atinxen á arte e á produción cultural con persoas con diversidades funcional como unha singularidade a cultura. Temos que conseguir que o público teña interese por ver unha produción artística e valorala como tal, e que comentar a relación coa diversidade funcional pase a un plano menos relevante".
Un dos proxectos máis orixinais e veteranos no campo da cultura e a integración é a proposta de XeRock. Esta formación nada en 2003 polas inquedanzas dos seus membros ampliouse en 2009 a un grupo de percusión. Logo de protagonizar o filme Cantos Rodados en 2008, no verán de 2019 publicábase na rede outra curta documental sobre a formación.

Xerock