Antía Yáñez gaña o IIIº Premio Agustín Fernández Paz

O xurado escolleu por unanimidade a obra 'Plan de Rescate'

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Antía Yáñez Rodríguez (Burela, 1991) ven de engadir ao seu palmarés como escritora o premio de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade que leva o nome de Agustín Fernández Paz. A súa obra Plan de Rescate conseguiu o asado sábado a unanimidade do xurado conformado por Rosa Aneiros, Manuel Bragado e Xavier Senín para esta terceira edición do galardón convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia. Segundo consta na acta, Plan de Rescate conta, desde a perspectiva dunha rapaza que está nunha cadeira de rodas, a historia protagonizada polos seus compañeiros de clase, resolvendo unha difícil situación que sofren os seus colegas e o profesorado do centro onde estudan. O xurado ve no texto gañador “unha aventura chea de humor e ironía onde cada un dos espazos da escola se transforma en escenario dunha inesperada operación de rescate”. O premio está dotado con 3.000 euros e Edicións Xerais publicará o libro proximamente.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais, Rosa Aneiros, Xavier Senín...