Rosa Aneiros gaña o IIº Premio Agustín Fernández Paz

Personaxes e historias do vilalbés teñen presenza na novela gañadora

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:

A escritora e xornalista Rosa Aneiros (Meirás, 1976) resultou gañadora da IIª edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade coa obra Tres bichicomas, dúas illas e unha serea. O premio convocado Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais está dotado con 3.000 euros. Un xurado composto pola escritora María reimóndez, gañadora da anterior edición; a tradutora e investigadora Isabel Soto e Manuel Bragado realizou a súa elección entre a a ducia de obras presentadas pola obra presentada baixo plica co título Unha manta rillada e o lema Khoedi. Nesta obra Aneiros leva a cabo un diálogo con algunha das personaxes das obras do desaparecido Agustín Fernández Paz (1947-2016) ao que se homenaxea neste galardón que leva o seu nome e se outorga na súa terra natal. O xurado considera que esta obra reforza "a idea do protagonismo de lectores e lectoras novos, non só como receptores de textos, reclamando a súa acción", segundo conta na acta, nesa liña ven que a novela "expresa a capacidade das crianzas para intervir en problemas sociais como a crise das persoas refuxiadas, utilizando a empatía e a comunicación interxeneracional como motores de transformación das vidas e da sociedade". Para Manuel Bragado trátase dunha novela "tan emocionante como literariamente fermosa que consolida o premio de narrativa infantil e xuvenil galega máis querido polo movemento agustinista".

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros, Manuel Bragado, Narrativa...