A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) anunciaba onte o cesamento da ata o de agora directora do Departamento de Produción Coreográfica e responsable do Centro Coreográfico Galego. Mercedes Suárez accedera á dirección deste departamento en 2010 e nos últimos anos foi duramente cuestionada por axentes do sector. As máis recentes protestas viñeron motivadas este verán pola coprodución da obra Maestro Rodrigo e os procesos de selección de persoal para esta montaxe. Segundo informa a Agadic, a coreógrafa pretende agora "iniciar unha nova etapa profesional" para a que lle desexa "o mellor".
A Agadic sinalou nun comunicado deu o seu director, Jacobo Sutil, asumirá as funcións de Suárez mentres non se convoca un procedemento público de selección para cubrir o posto.
Este cese, que se suma á renuncia de Fefa Noia á fronte do Centro Dramático e á xubilación de Guillermo Escrigas como director do Centro Galego de Artes da Imaxe deixa sen responsables os tres departamentos que dependen da Axencia Galega das Industrias Culturais. Se no caso do CDG está aberto un proceso de selección, non se sabe aÃnda cal será o procedemento para escoller un novo director para o CGAI.