A Televisión de Galicia dá comezo esta semana á unha nova temporada de programación na que incorpora novidades en programas divulgativos e musicais. Esta mesma noite estréase ás 22:30 horas o programa Segredos - Desmontando Galicia que tratará de descubrir os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanÃstico e cultural galego desde o punto de vista do entretemento incorporando animacións en 3D integradas con imaxes reais. Diana Nogueira e Alicia Burton conducirán o programa cuxa primeira entrega entrarase na cidade de Lugo, descubrindo o seu pasado romano con ollos de hoxe en dÃa e desmontando en 3D a cidade e a súa muralla. A semana trae a estrea na noite dos xoves do espazo' Os cantos rolados. Presentado por Toño Novo "Tucho", guitarrista de Heredeiros da Crus, fará unha escolma da mellor música galega contemporánea interpretada ao vivo en programas dedicados a distintos xéneros musicais. Ademais, na mañá deste sábado 12 de outubro, dÃa festivo, emitiuse o primeiro capÃtulo do documental O reino suevo de Galicia, o sábado 19 irá a segunda parte. Ese mesmo dÃa, antes do Telexornal serán estrearase Anacos de vida, espazo que achega a historia de diferentes vilas a través da recuperación de vellas fotografÃas comentadas por nenos. Ademais na segunda canle da compañÃa pública, G2, os xoves se emite A noite da cultura un espazo monotemático en cada entrega de corte documental.