O concello de Mondoñedo designou ao crítico e investigador literario Armando Requeixo como coordinador de actividades e publicacións da recéntemente aberta Casa-Museo Álvaro Cunqueiro. O nomeamento veu acompañado dun primeiro deseño do que serán as actividades troncais do centro. Haberá un ciclo de conferencias e mesas redondas titulado "Cunqueiro, aquí e acolá", que se farán coincidir, na medida do posible, coas datas de nacementoe morte do escritor. A colección Selva de Esmelle editará textos ao redor de Cunqueiro e se iniciará cun traballo de César Cunqueiro, fillo do escritor, sobre as conexións entre a obra de Cunqueiro e a de Lezama Lima. A maiores, a Casa-Museo editará unha revista de estudos cunqueirianos.