Dezanove festivais galegos procuran apoios para os VI Premios Fest

Está aberto o prazo de votación popular e os eventos galegos optan a 61 premios en conxunto

Está aberto o prazo de votación popular e os eventos galegos optan a 61 premios en conxunto
Os Premios Fest chegan este ano a súa sexta edición como únicos galardóns que valoran en exclusiva os festivais musicais que teñen lugar cada ano en España en nove diferentes categorías de valor, algunhas dependendo do tamaño do evento e outras entrando a xulgar características como a innovación, a diversidade e igualdade, a campaña de comunicación, a sostibilidade, o impacto turístico xerado, etc. Entre o marasmo deste tipo de evento que cada ano aumentan en número no territorio estatal -agora mesmo son arredor dun millar- os festivais galegos sempre quixeron colocar a súa marca e desde os inicios desta iniciativa acudiron a inscribirse na convocatoria, logrando nalgúns casos premios importantes. Este ano son 19 os festivais galegos que están xa na lista de 170 candidaturas aberta para votación popular a través da web dos premios. Os galegos buscan apoio para as 61 candidaturas ás que aspiran, algunhas competindo entre eles tamén. De feito na procura do premio á Maior Achega Turística á rexión é onde se condensa a meirande presenza de opcións galegas con ata quince dos noso festivais na lista. Da competición deste ano desaparecen algunhas categorías que no pasado viñeron recoñecer a promotoras galegas, coma as de Mellor Zona de restauración ou mellor zona de acampada pero os eventos galegos seguen a manter posibilidades en moitas outras categorías das que tamén trouxeron premios nas pasadas edicións como se pode comprobar na nosa hemeroteca.

O festival Portamérica, que o pasado ano conseguía tres premios Fest, volve ser un dos que aspira a máis nesta sexta edición con candidaturas en cinco categorías. O mesmo número aínda que non de todo coincidentes teñen tamén o SonRías Baixas de Bueu, o Sinsal SON Estrella Galicia e un sorprendente Trece Roeis Fest de Ferreira de Pantón que coa súa primeira edición o pasado agosto preséntase tamén en cinco categorías. A lista galega a completan outros quince nomes, algúns moi coñecidos como Atlantic Fest, O son do camiño, Revenidas, Resurrection Fest, WOS, OurenRock, Caudal Fest ou FIV de Vilalba. Resulta destacable a entrada de novos formatos e eventos como o Elas son artistas coa súa segunda edición que aspira a tres premios, o 17º Ribeira Sacra que ademais das súas tres candidaturas tamén apuntala unha candidatura de activación de marca para a propia Ribeira Sacra e tamén hai que valorar a entrada da primeira edición do Atlantic Pride que busca o premio a Festival revelación coa súa primeira edición. Ademais dos premios aos festivais están os das categorías de Mellor Activación de Marca, onde ademais da Ribeira Sacra tamén consegue entrar a marca promovida pola Xunta de Galicia Fest Galicia. Na lista para premiar os Mellores medios de comunicación sobre festivais entre tamén o programa Estudio 3 da radio Galega. Agora mesmo e ata o vindeiro día 11 de outubro está publicamente aberta a votación, previo rexistro, a través do web dos Premios Fest mentres que un xurado profesional emitirá tamén as súas votacións. Do voto das dúas partes sairán dúas listas da suma das cales sairán tres finalistas para cada galardón, dos que o máis valorado será o gañador. Os resultados daranse a coñecer o 30 de outubro no marco do congreso da industria musical BIME Pro en Bilbao.

Esta é lista de candidaturas galegas por categoría de premio:

MELLOR FESTIVAL DE GRAN FORMATO
O Son do Camiño
Resurrection Fest Estrella Galicia
MELLOR FESTIVAL DE MEDIANO FORMATO
ATLANTIC FEST
Caudal Fest
Festival do Queixo
Festival ouren rock sound
FIV de Villalba
PortAmérica
REVENIDAS
SonRías Baixas
TRECE ROEIS FEST
MELLOR FESTIVAL DE PEQUENO FORMATO
17º Ribeira Sacra Festival
Elas Son Artistas
Esmorga Fest
Festival Castelo Rock
Festival Sinsal Son Estrella Galicia
WOS Festival x SON Estrella Galicia
MELLOR FESTIVAL POR INNOVACIÓN
Festival Sinsal Son Estrella Galicia
SonRías Baixas
WOS Festival x SON Estrella Galicia
FESTIVAL REVELACIÓN
Atlantic Pride
Caudal Fest
O Son do Camiño
TRECE ROEIS FEST
FESTIVAL MÁIS SOSTIBLE
17º Ribeira Sacra Festival
Esmorga Fest
Festival ouren rock sound
Festival Sinsal Son Estrella Galicia
PortAmérica
SonRías Baixas
MELLOR CAMPAÑA DE COMUNICACIÓN
ATLANTIC FEST
Caudal Fest
Elas Son Artistas
Esmorga Fest
O Son do Camiño
PortAmérica
Resurrection Fest Estrella Galicia
SonRías Baixas
TRECE ROEIS FEST
MELLOR ACTIVACIÓN DE MARCA
Deleite
Estrella Galicia
Fest Galicia
Ribeira Sacra
MAIOR APORTACIÓN TURÍSTICA Á REXIÓN
17º Ribeira Sacra Festival
ATLANTIC FEST
Caudal Fest
Esmorga Fest
Festival Castelo Rock
Festival ouren rock sound
Festival Sinsal Son Estrella Galicia
O Son do Camiño
PortAmérica
Resurrection Fest Estrella Galicia
REVENIDAS
SonRías Baixas
TRECE ROEIS FEST
Vive Nigrán
WOS Festival x SON Estrella Galicia
DIVERSIDADE E IGUALDADE DE XÉNERO
ATLANTIC FEST
Atlantic Pride
Elas Son Artistas
Festival Castelo Rock
Festival Sinsal Son Estrella Galicia
PortAmérica
REVENIDAS
TRECE ROEIS FEST
WOS Festival x SON Estrella Galicia
MELLOR MEDIO DE COMUNICACIÓN SOBRE FESTIVAIS
Estudio 3 de la Radio G