Fin da temporada do Festival da Ópera con éxito de público

Cae o pano

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Tosca, Fausto e El Príncipe Igor achegaron a mellor ópera á Coruña nesta 48 edición. A última que estará organizada polos Amigos da Ópera, xa que dende o ano que vén pasará a mans de programadores oficiais. Esta última edición estivo marcada pola boa acollida de público.

Balance

Máis de cinco mil persoa desfrutaron do Festival da Ópera da Coruña. O prezo asequible das entradas, que oscilou entre as 1.500 e as 6.500 pesetas unido ó programa, conseguiu popularizar este tipo de espectáculo. Un festival que este ano representou óperas tan coñecidas com Tosca,Fausto e El Príncipe Igor.


Futuro

Caballé, Kraus ou Gulín foron algúns de nomes de recoñecido prestixio que pasaron por Coruña invitados polos Amigos da Ópera. Aínda que o seu maior éxito foi traer durante dous anos seguidos ó tenro Carlo Bergonzi. Un labor que agora pasa a mans de programadores oficiais, que dende o ano que ven se encargarán da organización do festival. Un interese que pretende convertir a Coruña na capital musical do norte do Estado.

Que che parece esta nova?
10 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Espectáculo, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares