O Lav.mov de Vedra presenta a súa segunda edición

Obradoiros e un concurso de curtas exprés desenvolveranse nas dúas primeiras fins de semana de outubro

18/9/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
24 lecturas | Compartido 0 veces

A segunda xeira do encontro audiovisual Lav.mov de Vedra ten abertas as súas inscricións. O evento iniciará a súa actividade a fin de semana do 5 e 6 de outubro cos obradoiros "Iniciación ás curtas. Retratando a realidade" que imparte Illa Bufarda, "Pensar e realizar unha serie de TV", a cargo de Pepe Coira e mais un curso de dirección de fotografía impartido por Jaime Pérez que xa ten as prazas esgotadas.

Na seguinte fin de semana, entre o 11 e o 13 de outubro celebrarase o II Concurso de realización de curtas exprés, no que os participantes terán 48 horas para desenvolver unha peza audiovisual seguindo uns requisitos revelados pola organización no comezo do festival. O premio para este certame é de 1.000 euro e a inscrición está aberta ata o vindeiro 7 de outubro.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos