Diversidarte, Festival das Artes Inclusivas , que se celebrará na Coruña do 16 de setembro ao 5 de outubro, proxectará en diferentes espazos da cidade 100 curtametraxes de temática social como parte do seu concurso DiversimaCine e ven de presentar a súa programación. A partir do próximo martes, 17 de setembro, comezan as proxeccións das curtametraxes en diferentes espazos da cidade vinculados á cultura como son a sede de Afundación, o CGAI e NORMAL . As sesións, que estarán libres de barreiras arquitectónicas e de comunicación, contarán con proxeccións subtituladas. A convocatoria feita pola impulsora do proxecto, a asociación Poten100mos que traballa polo desenvolvemento persoal e a inclusión sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidades fÃsica, psÃquica e/ou social, recibiu máis de 1100 traballos de 89 paÃses diferentes e estableceu catro categorÃas -perspectiva de xénero, diversidade sexual, diversidade funcional e exclusión social- para seleccionar e agrupar os traballos que xa forman parte de DiversidArte 2019. Entre os paÃses participantes están Reino Unido, Irán, Australia, México, Brasil, Italia, Arxentina, Colombia e Israel, por citar algúns. As obras gañadoras daranse a coñecer durante a Gala Festival DiversidArte que terá lugar o sábado 5 de outubro na Fundación Luis Seoane. O grupo de música inclusiva Xerock Percusión (procedente de A Guarda) e o actor e cómico Quico Cadaval actuarán o sábado 21 de setembro na Praza MarÃa Pita.
Proxecto fotográfico "Taigeto, Sueños y Normalidad"
Taigeto, Sueños y Normalidad, unha das iniciativas nas que a Plataforma DiversidArte traballou durante o primeiro semestre do ano, é outro dos eixos principais da programación desta edición de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas. O nome do proxecto deriva dos espartanos da antiga Grecia, que arroxaban desde o Monte Taigeto ás persoas con discapacidade, pois non querÃan houbese persoas diferentes nas súa “fermosa civilización”. Partindo dunha perspectiva histórica e co obxectivo de transmitir unha mensaxe de inclusión de contribuÃr á eliminación de estereotipos, o proxecto consta dunha exposición de fotografÃa colectiva -que permanecerá aberta dende o 16 de setembro ao 5 de outubro no centro comercial Marineda City- unha performance que se representará o 21 de setembro na Praza MarÃa Pita e un libro en formato accesible. O proxecto contou coa participación de máis de sesenta persoas, pertencentes a nove entidades sociais: Fundación ADCOR (Fundación de Adultos Discapacitados de A Coruña), CAPD (Centro Asistencial para Persoas con Determinadas Capacidades), ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois), GRUMICO (Grupo de persoas con Discapacidade de A Coruña), Liga Reumatolóxica Galega , A CCEM (ONG polas persoas refuxiadas e migrantes), ACLAD (Asociación Coruñesa de Loita Contra a Drogodependencia), CASCO (Comité Antisida de A Coruña) e ALAS (Asociación pola Liberdade Afectiva da Coruña) son os colectivos que, baixo a coordinación da Plataforma DiversidArte , fixeron posible un resultado "dunha calidade e un gusto inmellorables" en palabras de Cristina de la Puente, directora de proxectos de Poten100mos.