Segundo informa a edición de Lemos do xornal La Voz de Galicia a estatua orante do cardeal Rodrigo de Castro que forma parte da ornamentación da igrexa do Colexio da CompañÃa de Monforte, viaxará nos vindeiros dÃas a Florencia para ser exhibida alà na prestixiosa galerÃa Ufffizi un dos museos de arte máis visitados do mundo. A peza, de bronce de media tonelada é obra do escultor manierista Juan de Bolonia, tamén coñecido como Giambologna (Douai, 1529 - Florencia 1608) do século XIV e foi solicitada polo museo italiano pola fonda relación do artista con Florencia para ser exhibida como parte dunha exposición tituladaPlasmato dal fuoco. La scultura in bronzo nella Firenze degli ultimi Medici (Modelado polo lume. A escultura en bronce na Florencia dos últimos Médici), que estará aberta na cidade Toscana entre o 18 de setembro e o 20 de xaneiro de 2020.