O marco das Festas do Apóstolo en Santiago acollerá o vindeiro venres 26 o comezo dunha nova cita, que se presenta con ánimo de continuidade e mesmo coa posibilidade de evolucionar cara un festival con entidade de seu. O Trad Fest é un novo produto cultural que xurde grazas ao Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e La Voz de Galicia, como unha nova versión do Certame Folk que se viña facendo anteriormente nas festas do Apóstolo e mesmo como unha continuidade daquel Festival Folk da Zona Vella que se facÃa na capital galega a principios do anos 90 como recordou na rolda de prensa de presentación VÃtor Belho de NordesÃa, que organizan este evento como un "novo reto" que nace para "proxectar o talento galego" e "celebrar a aposta por unha realidade musical que está presenten no conxunto do territorio entre xentes de todas as idades e condicións". O bailarÃn Óscar Cobos, ve no Trad Fest un espazo para o "baile sen etiquetas", el coordina os espectáculos de baile nos que se contará tamén co mestre de danza tradicional Sergio Cobos. O baile e a música galegas serán o eixo arredor do que se tecerá unha oferta na que hai espazo para moitas outras manifestacións do baile popular de diferentes paÃses e culturas.
Un dos pratos fortes da programación do Trad Fest será o concerto que se fará na Praza da Quintana esa noite e que será unha preestrea absoluta do espectáculo inaugural deste ano no Festival de Lorient en Francia. O evento galo, que alcanza a súa 49ª edición, dedica este ano a Galicia e a apertura do festival corresponderá a este espectáculo que xunta a Banda de Música de Silleda e a Banda de Gaitas de Forcarei con numerosos convidados. O Trad Fest ofrecerá desde as 11 da mañá ata pasada a medianoite máis de 21 accións en diferentes espazos da cidade, rúas, prazas, parques e mesmo espazos pouco habituais neste tipo de eventos como comercios, e conta coa actuación de máis de 200 artistas.