Quiosco: Cuadernos de Estudios Gallegos número 132

Aborda diferentes estudos de época romana, medieval e contemporánea

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O novo número, 132, da revista Cuadernos de Estudios Gallegos, presenta desta volta artigos moi variados. Silvia González Soutelo encabeza unha nómina de autores que publican os resultados dunha intervención no xacemento de Currás (Tomiño), un asentamento rural de época romana. Martín Fernández Calo analiza o papel político das comunidades na Gallaecia sueva e visigoda e Xosé Manuel Sánchez detense na percepción individual dos conflitos e o seu marco social desde a igrexa de Santiago de Compostela en época baixomedieval. Son algúns dos exemplos dos textos publicados neste novo número desta publicación científica do Instituto Padre Sarmiento do CSIC.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, Instituto Padre Sarmiento, Santiago de Compostela, Tomiño...