O CCG estrea un documental sobre as mulleres anónimas de Carnota

A estrea será no Salón de Actos do concello de Carnota o martes 16 ás 19 horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A famosa foto de Ruth Matilda Anderson na que se ve a un grupo de mulleres cargando na súa cabeza mercadorías polos montes do Pindo é o punto de partida do documental "As mulleres co mundo na cabeza", segundo da serie "Memorias de vida en vivo", cos que a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega quere facer visible o traballo de mulleres anónimas a través da súas propias voces. O documental, dirixido por Encarna Otero, traza as vicisitudes, os traballos agrícolas e os longos camiños percorridos para a venda do leite de Olimpia Oreiro e a súa filla Marisa, veciñas da aldea carnotá de Vilar de Parada. Estrearase mañá, martes 16 de xullo, no salón do concello de Carnota ás 19 horas.

Teaser do documental:

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Documental, Carnota, Encarna Otero...