David Barto é un mozo de Viveiro que durante o tempo que viviu en Barcelona comezou a facer banda deseñada; presentou os seus primeiros cómics en 1998 no Salón da Coruña “Viñetas desde o Atlántico”. Despois de dar o salto a EEUU co seu traballo, facendo storyboards de filmes como Dagon ou Blade II, acabou conseguindo a dirección dunha longametraxe. A súa ópera prima é un filme de acción titulado “Absolon” protagonizado por tres caras moi coñecidas do cine americano: Christopher Lambert, Ron Pearlman e Lou Diamond Phillips. Segundo informa Código Cero, a pelÃcula, só preestreada no Reino Unido e no Festival de Cannes, xa está sendo pirateada a través de Internet antes mesmo de chegar ás salas comerciais.