Por terceiro ano Lugo acolle o Blues Museum, Festival Internacional de Blues. Unha cita musical de concertos ao aire libre e gratuÃtos entre o 19 e 0 21 de xullo. Un festival organizado pola Deputación de Lugo e o Concello de Lugo que achega a música ao museo provincial e á rúa. E Nesta edición cabe destacar o apoio á paridade na programación xa que o 50% do cartel é feminino. O Blues Museum aposta por artistas de nome internacional e estatal dos eidos do blues, gospel e o soul. O espazo dos concertos convive entre Patrimonios da Humanidade como a Muralla de Lugo, o Camiño Primitivo a Santiago de Compostela ao seu paso por Lugo e a Catedral de Santa MarÃa. A pianista e cantante británica Izo FitzRoy estará tanto na apertura como no peche do ciclo, polo que tamén pasarán Yolanda Brown, que dará dous concertos e un deles para público familiar, tamén pasarán por Lugo Ben Poole, Chris O´Leary Band, Watermelon Slim e a formación Aretha Soul Divas and The Silverbacks.