Comezaron programando blues no marco doutros ciclos de música xa existentes: o Compostela Rock e o Jazz In Blue. Pero pronto viron que habÃa público abondo e forza como para que ocupase un espazo propio. O resultado é Blues Nite, o novo ciclo co que conta a programación musical que contará con 3 concertos en diferentes espazos públicos e privados. Ademais, dun espazo propio pretenden achegar tamén diferentes propostas musicais que ofrecen unha visión ampla deste xénero. As citas van desde os andaluces Guadalupe Plata (30 de xaneiro) The Brew (6 de febreiro), ambos na Zona C, e a aposta polo blues galego con Mighty Calacas co compostelán Marcos Coll, que presenta o disco Hot Pelucho Sounds (7 de maio) na Sala Capitol.