Logo de vinte e tres sesións de traballo e de oitenta e cinco horas de debate na que participaron catrocentas noventa persoas de diferentes sectores culturais, o anteproxecto da Estratexia da Cultura Galega 21 está xa dispoñible na rede. Presentada no Parlamento o pasado 20 de xuño polo director xeral de PolÃticas Culturais, Anxo Lorenzo, o extenso documento pretende dirixir a acción do Goberno Galego neste campo ao longo dos vindeiros anos. O prazo de alegacións ao texto está aberto ata o vindeiro 5 de xullo.
Novidades normativas
Un dos ámbitos no que a Estratexia promete mudar a situación da cultura no paÃs é no lexislativo. O documento presentado prevé que nos vindeiros anos se aproben novas leis para diferentes ámbitos do sector e se modifiquen e desenvolvan outras xa existentes. O anuncio dunha "norma legal, aplicable a Galicia, para fomentar o mecenado e as desgravacións fiscais en materia de cultura" aparece como unhas das principais novidades, que se suma á xa anunciada Lei de Museos. A actualización da Lei do Libro e da Lectura que se acompañará, segundo prevé o documento da "aprobación e posta en marcha das previsións do plan galego de dinamización da lectura" e mais da Lei do Audiovisual de Galicia continúan como novas accións previstas a nivel lexislativo. De xeito máis vago, adiántase a "valoración coas entidades e axentes do sector de propostas para a redacción dunha lei de artes escénicas de Galicia" e apúntase tamén como obxectivo o "desenvolvemento da Lei 1/2014 para aproveitamento da lingua portuguesa e vÃnculos coa lusofonÃa".
Plans
Con rango inferior á Lei, abundan de xeito particular no documento o desenvolvemento de novos plans e normativas. Entre elas destaca o anuncio dun Plan Integral de Cultura para cada unha das cidades de máis de 20.000 habitantes, ademais de plans locais, comarcais e provinciais neste mesmo ámbito. Un programa de voluntariado, un "plan de desenvolvemento para a implantación das novas ferramentas dixitais nas industrias culturais" e outro "plan estratéxico para o desenvolvemento, industrialización e internacionalización das industrias culturais e das empresas tecnolóxicas próximas ao sector cultural galego no contexto do Xacobeo 21" son outros dos previstos. A estes súmanse un "programa anual que difunda o labor dos creadores do ecosistema do libro", un "plan estratéxico para os festivais musicais" un "plan galego de cultura cientÃfica", o segundo Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, que guiará a actividade do recinto ata 2025, un novo Plan Estratéxico do consello de cooperación Bibliotecaria e mais o Plan Director da Biblioteca de Galicia. Haberá tamén no ámbito dos arquivos un Plan de Arquivos 2019-2022, o Plan Estratéxico do Consello Galego de Arquivos, e o Plan Director do Arquivo de Galicia. O Plan de FotografÃa de Galicia, o de intervencións de Bens de Interese Cultural do Camiño de Santiago e, en xeral "plans sectoriais de internacionalización, coa colaboración dos axentes e industrias implicadas, para favorecer o acceso aos mercados internacionais" tamén están anunciados nestas páxinas. Finalmente, proponse un novo "plan de actuación que recolla, protexa e difunda o patrimonio cultural, documental, bibliográfico, histórico e artÃstico das comunidades galegas no exterior".
Novos órganos
Entre os novos órganos que a Estratexia prevé no campo cultural está unha "mesa permanente de cooperación cultural para a coordinación e planificación da cultura en Galicia coa participación da administración autonómica, provincial e local". Un "foro cultural periódico entre os distintos axentes e entidades para analizar o ecosistema cultural de Galicia", un "consello galego das industrias culturais e creativas", un "consello sectorial da música galega", un "consello asesor en materia de artes visuais" ou un "órgano interadministrativo de cooperación coas fundacións culturais de Galicia" son outras novidades. No campo patrimonial anúnciase a creación dun "equipo de expertos que estableza as prioridades no ámbito do inventariado, catalogación e implantación de programas de recollida de patrimonio cultural material e inmaterial, e que recomende decisións sobre a súa difusión dixital" e un "foro periódico" entre a ConsellarÃa e os diferentes axentes que traballan no ámbito. A estes súmase aÃnda unha "comisión composta por axentes e entidades do sector que analice as estratexias para a difusión e posta en valor do patrimonio cultural". Xa no campo da difusión exterior da cultura proponse unha "comisión interadministrativa na Xunta de Galicia que coordine e impulse a acción cultural e lingüÃstica fóra da comunidade autónoma de Galicia" e mais un "foro periódico da Galicia exterior dende a Cidade da Cultura de Galicia para o intercambio de experiencias, xestión, programas, prácticas e actividades culturais entre os diferentes axentes e responsables". No ámbito do mecenado prevese "unha unidade na ConsellarÃa de Cultura que informe e difunda as vantaxes e posibilidades" desta actividade.
Reforzos
Dentro de entidades xa existentes, destacan no documento presentado as múltiples referencias á Axencia Galega das Industrias Culturais, que verá reforzado o seu papel. Entre outras propostas enuméranse un "aumento das capacidades de AGADIC no desenvolvemento de accións relacionadas coas industrias culturais e creativas" ademais da "inclusión, no marco de competencias de AGADIC, das empresas e asociacións profesionais tecnolóxicas relacionadas cos sectores culturais, co fin de mellorar a coordinación entre os distintos axentes das industrias culturais". Tamén se creará no seo da axencia unha "coordinación que recolla a xestión do sector musical". Na mesma liña adiántase a tan reclamada "reformulación, xunto coas entidades significativas do sector, do papel do Centro Dramático Galego como axente no sistema galego das artes escénicas". Pola contra, outra reivindicación social, a reactivación do Centro Coreográfico, non semella atopar o mesmo eco, xa que só se anuncia unha "mellora da implicación" da entidade "cos diferentes sectores da danza". O Centro Galego de Artes da Imaxe, pola súa banda, verá unha ampliación dos seus programas internacionais, promoverá unha rede de arquivos audiovisuais e contará cunha nova canle de difusión dos seus fondos, entre outras novidades que non auguran unha potenciación importante da entidade. Tamén están previstos reforzos en programas como Cultura no Camiño, Galician Tunes, Rede de Música ao Vivo e do programa cultural Nortear de intercambio con Portugal, ademais da consolidación de Escenas do Cambio.
Cidade da Cultura e CGAC
Do mesmo xeito tamén se prevén novos ámbitos de actuación para a Cidade da Cultura de Galicia, que se aparece vencellada ás máis variadas liñas de acción propostas na Estratexia. Unha programación especÃfica vencellada á industria cultural, a ampliación das actividades para o público máis novo, o "fortalecemento e inclusión dunha maior diversidade de actividades culturais e creativas" na programación do Gaiás, a "participación da Cidade da Cultura de Galicia en programacións culturais e creativas noutras partes de Galicia e no plano internacional", o desenvolvemento de "programas culturais que conxuguen natureza, territorio e cultura" nesta sede, a "potenciación do emprendemento e da tecnoloxÃa" e a "expansión da marca Gaiás-Cidade da Cultura de Galicia ao resto do territorio e fóra de Galicia" son algunhas das propostas, ás que se suman aÃnda novos papeis "como escaparate cultural representativo do paÃs, e como centro de información para os visitantes sobre a cultura en Galicia" ademais de "espazo e servizo de apoio a creadores/as galegos na súa promoción exterior". Tamén terá o Gaiás o seu peso na relación coa LusofonÃa cun novo programa cultural "que vincule as actividades deste espazo con espazos e entidades similares" deste ámbito. Canda a este complexo, o Centro Galego de Arte Contemporánea tamén semella que recuperará fondos e importancia na polÃtica cultural da Xunta. A elaboración do seu primeiro Plan Estratéxico e un incremento na dotación e na adquisición de fondos de arte contemporánea son algunhas das novidades para este espazo dependente da Xunta. Ademais, prevese que o CGAC pase a desenvolver actividades e programacións en diferentes espazos do paÃs fóra da súa sede.
Congresos e encontros
Para alén de órganos fixos, a Estratexia aposta polo desenvolvemento de múltiples congresos e eventos, varios deles de carácter internacional. AsÃ, anúnciase un "congreso internacional da cultura galega que analice os retos futuros do ecosistema cultural e creativo de Galicia", e de senllos eventos, tamén de carácter internacional, dedicados á música e ao audiovisual. Cun carácter máis orientado ao paÃs, está previsto un "encontro anual de cultura e comunidade que teña como obxectivo a difusión e o intercambio de experiencias innovadoras entre o público xeral e especializado" como parte do obxectivo de potenciar a participación activa da sociedade nos procesos creativos. Un encontro anual da Rede de Bibliotecas de Galicia, outro de arquivos e un de fundacións e casas-museo serán outras incorporacións á axenda.
Redes e innovación
Como eixes que aparecen repetidamente ao longo do texto está o interese por desenvolver e potenciar redes de colaboración. Nesa liña, aparece unha "rede de espazos de exhibición de artes visuais" e anúnciase o desenvolvemento de novas redes de cooperación ámbitos como os museos, fundacións e casas museos, arquivos audiovisuais e concellos. Tamén se prevé o reforzo e ampliación da Rede Galega de Música ao Vivo e mais un impulso á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Prevese un fomento da creación de estruturas deste tipo entre entidades culturais de base e mais comunidades educativas, e unha nova coordinación entre as orquestras sinfónicas do paÃs. A Estratexia incide de xeito reiterado na aposta pola innovación vencellada á cultura, e desenvolve explicitamente iniciativas de dixitalización. Na liña, anuncia un "incremento da dixitalización do patrimonio audiovisual", un arquivo dixitalizado de eventos e manifestacións culturais e mais un impulso da dixitalización da música escrita entre outras propostas. De xeito especÃfico, e como iniciativas innovadoras, apúntase o impulso á industria galega do videoxogo, cun foro especÃfico, a aposta polo turismo cultural e mais a promoción da conexión entre cultura e sectores como o deseño, a arquitectura e a artesanÃa. No texto abondan tamén as referencias a rutas e itinerarios culturais como formatos a desenvolver. Canda a diversas medidas para favorecer a difusión da produción cultural galega en centros de ensino e entre o público en xeral, aparece tamén a "creación dun portal web que informe sobre Galicia en clave de produto turÃstico-cultural".
Artes visuais e audiovisual
Un dos campos onde se poden atopar máis novidades nas propostas culturais é o das artes visuais. A atender reclamacións do sector, a Estratexia prevé liñas de apoio ás galerÃas, o desenvolvemento dunha rede de espazos de exhibición e novas bolsas e residencias creativas para "proxectos artÃsticos de creación contemporánea ligados á industria cultural". Ademais, anuncia un plan de fomento do coleccionismo e un novo programa de adquisición de fondos artÃsticos para as coleccións públicas. Pola banda audiovisual, e para alén do xa comentado evento internacional, destaca a presentación de novas axudas á exhibición de producións galegas, asà como un novo programa para favorecer a atracción de rodaxes no paÃs e o desenvolvemento dun fondo para coproducións internacionais.
Libro e música
No libro, adiántase na Estratexia un novo programa anual para difundir o labor dos creadores do sector, tanto escritores e escritoras como ilustradores e ilustradoras. Novos certames de creación literaria ou medidas de apoio ás librarÃas aparecen como outras novidades no texto, canda a un incremento dos fondos para adquisicións de obras galegas nas bibliotecas públicas. Estes centros contarán en xeral cun novo impulso "mediante un aumento de recursos, servizos e investimento público para a mellora das coleccións, coas achegas de todas as entidades públicas". En canto á música, é de destacar a aposta pola "optimización da presenza da música galega e dun aumento dos seus estilos musicais na programación da Radio Galega", unha vella reivindicación do sector. Do mesmo xeito, no ámbito da divulgación prevese o "impulso e difusión do repositorio de proxectos" dos Premios MartÃn Códax da Música.
Patrimonio
No ámbito patrimonial, destacan as referencias aos considerados como novos patrimonios (marÃtimo, industrial e cientÃfico), que contarán con axudas especÃficas para a súa recuperación e verán un impulso a prol da súa catalogación e protección. Ademais, adiántanse medidas arredor do patrimonio fotográfico, artÃstico, sonoro e audiovisual, arquitectónico e inmaterial. Neste último campo destaca unha iniciativa como é un "inventario e un manual de historias, lendas e tradicións de interese que poidan facilitar a creación de produtos culturais e turÃsticos".
Cuestións pendentes
En canto a eivas, obsérvase unha escasa presenza do sector da ilustración, vencellado ao ámbito editorial, e unha total ausencia da banda deseñada no proxecto. Tamén se poden considerar deficientes as mencións ao asociacionismo e á cultura de base, que apenas conta con propostas especÃficas de apoio.
Sobre o papel, as moitas novidades aparecen como bases dunha grande mudanza potencial panorama cultural galego. Fica por ver ata que punto se conseguen concretar nun futuro próximo as propostas incluÃdas neste documento, no que non se concretan prazos nin dotacións económicas para as diferentes medidas.
As liñas da estratexia
Tal e como anunciou a Xunta de Galicia na presentación da Estratexia da Cultura Galega 21, o documento parte de seis liñas estratéxicas:
1- Establecemento dun pacto pola cultura galega, tendo en conta o seu valor esencial para o desenvolvemento da nosa sociedade
2- a consolidación das Industrias Culturais e Creativas
3- o impulso da creación, distribución e acceso cultural
4- o fortalecemento da función social das institucións e entidades da cultura
5- a valoración do patrimonio cultural como recurso endóxeno
6- o posicionamento internacional da Cultura Galega.
Estas liñas queren responder, segundo explica o web da Estratexia, a dez retos:
- Consolidar unha visión social da cultura como valor esencial e imprescindible para o desenvolvemento integral da sociedade, e a valoración da lingua galega como instrumento-clave da nosa identidade cultural e activo útil para a cidadanÃa.
- Estimular a produción cultural (profesional e afeccionada) e a súa distribución.
- Facilitar o acceso á cultura (ampliación de públicos, inclusión social) e favorecer a participación da sociedade no seu financiamento.
- Promover a cooperación institucional e a boa gobernanza da cultura (administración autonómica, local e provincial; novas sinerxÃas educación-cultura; Xacobeo; medios de comunicación públicos): corresponsabilidade, coherencia, eficiencia, participación, racionalización dos recursos, vertebración do territorio.
- Consolidar o tecido industrial creativo.
- Impulsar a salvagarda e a difusión do patrimonio cultural de Galicia como un recurso vivo e accesible.
- Avanzar na proxección exterior e a internacionalización da produción cultural de Galicia (posicionamento da marca "Cultura de Galicia"; proxección da Cidade da Cultura de Galicia; vÃnculos coa Galicia exterior).
- Potenciar o posicionamento da cultura galega no marco da sociedade dixital.
- Apoiar a innovación cultural e a transversalidade da creatividade nos sectores produtivos, asà como a colaboración entre as institucións públicas e privadas no ámbito da cultura.
- Continuar co proxecto da Cidade da Cultura de Galicia como colaborador do emprendemento, da tecnoloxÃa e da programación da cultura galega.
Ademais, segundo informa a Xunta, a Estratexia da Cultura establece unha serie de eixes transversais que atinxe o conxunto de sectores da cultura.
- O estÃmulo para os procesos de creación cultural en cada unha das súas vertentes: literaria, escénica, audiovisual etc.
- O financiamento da cultura: participación privada, colaboración público-privada e participación da sociedade no seu financiamento.
- A gobernanza na cultura, coa aposta pola cooperación e o traballo en rede.
- A cultura dixital e impacto do dixital na cultura.
- A internacionalización e proxección exterior, cos beneficios que reporta para o propio territorio.
- O diálogo entre cultura e educación.
- A lingua galega, para contribuÃr desde todos os sectores á difusión do noso idioma propio.
- A inclusión cultural.
- A participación e a visibilización das mulleres na cultura.
- O turismo cultural, tendo moi presente o horizonte do Xacobeo 2021, en tanto que oportunidade para a dinamización da nosa cultura a todos os niveis.
- A innovación e a tecnoloxÃa.
- A Cidade da Cultura de Galicia.