O premio 'Contar a Ciencia' da RAGC vai para unha reportaxe de Marta Otero Mayán

A estudante de xornalismo abordou o proxecto dunha aplicación para o coidado de persoas dependentes

| Santiago. Redacción | Seccións: ComunicaciónCiencia
Compartir:
O premio 'Contar a Ciencia' da RAGC vai para unha reportaxe de Marta Otero Mayán

Marta Otero Mayán, estudante de 4º de Xornalismo na Universidade de Santiago, é a gañadora da sexta edición do premio universitario de comunicación científica "Contar a Ciencia-la Caixa", que convoca a Real Academia Galega de Ciencias, e está patrocinado por Obra Social la Caixa. A súa reportaxe, Unha app para coidar a quen coida, expón un proxecto do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC para previr a depresión en coidadores de persoas dependentes. Na súa decisión, o xurado do certame valorou o enfoque humano do traballo de Marta Otero, onde se aborda un proxecto do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC para previr a depresión en coidadores de persoas dependentes. O xurado, composto por representantes da Real Academia Galega de Ciencias, Obra Social la Caixa, Colexio de Xornalistas de Galicia, CSIC, Consellería de Educación e GCiencia, tamén escolleu como finalistas ás reportaxes Scuba Cancers, de Andrea Varela e Miriam Álvarez, e Como gañar o que che quita o Parkinson, de Alba Tomé. A gañadora do Premio Contar a Ciencia-la Caixa recibirá un premio en metálico de 500 euros e un smartphone. Nesta sexta edición do premio participaron dez traballos de estudantes de comunicación das facultades galegas. As reportaxes abordaron, en formato escrito e audiovisual, proxectos de investigación que se desenvolven en Galicia. Todos os finalistas recibirán o seu galardón nun acto que terá lugar o 8 de xullo no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Xornalismo, USC, Real Academia Galega de Ciencias...