A obra O PaÃs do Gran Furado de Xerardo Quintiá Pérez (Friol, 1970) ven de gañar a segunda edición do Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, convocado poloa editorial BaÃa. O Xurado, formado por Ana LuÃsa Bouza Santiago, Montse Pena Presas, Patricia Porto Paderne, Pilar Sampedro MartÃnez e a directora editorial de BaÃa Edicións, MarÃa Belén López Vázquez, como secretaria, resolveu conceder por unanimidade o premio á obra de Quintiá da que quixo ademais manifestar que se trata de unha obra que "resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesÃa, a alegrÃa e a revolución como camiños para procurar a igualdade". Ademais engaden valorar "a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorÃstico". O conto emprega a poesÃa narrativa como recurso para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia. A obra será publicada por BaÃa Edicións en álbum ilustrado a toda cor na colección Contoxconto antes do mes de outubro e o autor recibirá 5.000 € cos que está dotado este premio.