O anuncio realizado onte do peche do Museo Galego da Marioneta en Lalín, por parte da compañía Viravolta Títeres colleu aos responsables municipais de Lalín por sorpresa en plena campaña electoral. O asunto paso a ser obxecto de declaracións por parte do equipo de goberno local e da oposición: Tanto o alcalde como o concelleiro de turismo ou a de cultura, Lara Rodríguez Peña, realizaron onte diversas declaracións a medio como Faro de Vigo e La Voz de Galicia que tiñan en común a esperanza de impedir ese peche anunciado desde Viravolta.
En concreto Rodríguez Peña fixo alusión ao convenio en vigor entre o Concello e Viravolta Títeres S.L. sobre o Museo que non remata ata 2024, data ata a que, segundo a edil, Viravolta debería manter a exposición de monicreques no Pazo de Liñares. Sobre a reclamación de vías legais para a xestión do centro apuntada desde Viravolta, a concelleira de Cultura asegurou aos medios que "están sentadas tódalas bases" para dotar de entidade xurídica propia ao museo e seguir os pasos necesarios para asegurar o seu acceso a axudas públicas da Xunta e da Deputación e inscribilo no Sistema Galego de Museos (MUGA). A concelleira asegurou a disposición de fondos consignados para este proxecto nos orzamentos municipais así como unha aprobación para acceder a outros fondos da deputación Provincial de Pontevedra. Ademais, segundo ela, xa se deron "pasos fundamentais" que conducen a sacar adiante un concurso público para levar a xestión do museo, un proceso que, de iniciarse, podería levar á entrada de outras empresas que quixeran optar a esa licitación ademais de Viravolta Títeres S.L.. fundadora e promotora do proxecto.