O documental Pacto de irmãos reflexiona sobre as orixes da nosa lingua

O proxecto promovido pola AGAL está dispoñible na rede e inclúe materiais didácticos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O documental Pacto de irmãos reflexiona sobre as orixes da nosa lingua

Reflexionar sobre as orixes da nosa lingua e sobre o papel da escrita na configuración de comunidades son os dous grandes obxectivos de Pacto de irmãos. Os Primórdios da Língua Escrita. A Associaçom Galega da Língua estreaba a pasada fin de semana en Compostela e publicaba na rede este luns o documental completo que dirixiu Rafa Janeiro e que toma o seu nome do Pacto dos Irmãos Pais, considerado o máis antigo documento en galego-português, datado entre 1173 e 1175.

O filme, que contou co apoio da Deputación da Coruña para o seu desenvolvemento, recolle testemuños de autores como Lídia Jorge ou Rui Zink, do filólogo José António Souto Cabo ou da paleógrafa Maria José Azevedo Santos. Ademais, a AGAL publicou tamén na rede diferentes materiais didácticos destinados a facilitar o emprego do documental en distintos niveis de ensino.

Pacto de irmãos. Os primórdios da língua escrita from PACTO DE IRMÃOS on Vimeo.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, AGAL, Associaçom Galega da Língua, Deputación da Coruña...