
O web, desenvolvido co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Deputación da Coruña, acollerá en breve os contidos da exposición A voz presente, realizada por Ouvirmos e que percorrerá da man da Xunta diferentes localidades do país. Tamén se publicará neste espazo o documental De Carballo a Carvalho que promove a AGAL.
Do mesmo xeito, chega á rede nas vésperas do Día das Letras Vieiros de esperanza/i>. O documental que dirixiu en 2014 Antón Rodríguez Fernández sobre a figura de Carballo está dispoñible íntegro para a súa visualización a incluír entrevistas sobre o autor con Darío Villanueva, Víctor Freixanes, Xesús Alonso Montero, Pilar García Negro, Araceli Herrero, Francisco Rodríguez ou Xosé María Dobarro Paz.
A Academia Galega da Língua Portuguesa, pola súa banda, subiu á súa canle de Youtube a conversa que mantivo co profesor en 1985 Ramom Reimunde. O material, que serviu de base a unha entrevista publicada na revista O Ensino, foi dixitalizado e editado para conseguir a máxima calidade. A institución, que publica o vídeo baixo licenza Creative Commons, ten a disposición do público unha versión en mellor resolución para proxeccións e outros usos.