Héctor Cajaraville e Carlos Castelao fanse cos Losada Diéguez

Cada un recibirá un galardón de 6000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os premios Losada Diéguez son atípicos no panorama literario galego, porque son outorgados a obras xa publicadas. O 27 de abril celebrouse a xuntanza do xurado da XXXIV edición do premio, que decidiu outorgar por unanimidade o galardón na categoría de creación literaria á novela histórica Nova Nursia, de Héctor Cajaraville, e na modalidade de investigación en ensaio ao libro As orixes da fotografía en Galicia de Carlos Castelao. Para o xurado, Nova Nursia é "unha áxil novela histórica que se centra na figura de Frei Rosendo Salvado. A través dunha combinación de perspectivas (narración en terceira persoa e cartas en primeira persoa), os lectores achéganse a unha experiencia histórica transcional, dende Tui a Australia". Pola súa banda, o ensaio As orixes da fotografía en Galicia "destaca pola calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelana".

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Héctor Cajaraville, Castelao, Ensaio...