A USC publica o libro 'Antonio Fraguas. A cultura como forma de vida'

Nieves Herrero e María Xesús Nogueira son as responsables deste traballo sobre o autor do Día das Letras galegas 2019

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaDía das Letras Galegas 2019
Compartir:
Capa do libro

Capa do libro

O Servizo de Publicacións e Intercambio científico da Universidade de Santiago ven de sacar do prelo un libro dedicado a Antonio Fraguas, homenaxeado deste ano polo Día das Letras Galegas. O volume Antonio Fraguas. A cultura como forma de vida é unha edición ao coidado de Nieves Herrero e María Xesús Nogueira que apela á memoria dun intelectual, investigador e docente vocacional e xeneroso que, malia puntuais incursións nos estudos literarios e mesmo na creación, consagrou a súa vida a disciplinas das ciencias sociais e humanas como a historia, a xeografía, a arqueoloxía e, de maneira destacada, a especialidades situadas no eido da antropoloxía sociocultural, como a etnografía e o folclore. Nos traballos que inclúe este volume nas súas 266 páxinas, a tradición etnográfica, a oralidade e a literatura popular -campos vizosos da cultura galega- fúndense coa experiencia vital para ofrecer unha visión completa e novidosa de Antonio Fraguas e a súa inxente herdanza.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Fraguas, María Xesús Nogueira, Día das Letras Galegas, USC...