A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) ven de revelar os destinatarios dos seus premios honorÃficos correspondentes á edición de este ano, a 36ª, que se celebrará entre o 28 de xuño e o 6 de xullo. A compañÃa Os Monicreques de Kukas é, segundo o xurado, a merecedora do premio Xiria ao Labor Teatral 2019. A Mostra premia na compañÃa do veterano artista de monicreques o "seu intenso labor artÃstico e teatral que, ao longo de 40 anos, abriu anovadores camiños tanto coa creación de inusitadas marionetas e monicreques como coa importante difusión, en lingua galega, dese particular universo que supuxo unha auténtica revelación para nenas, nenos e público adulto deste paÃs". Ademais decidiuse que o Premio Mulleres en Acción vaia este ano ás mans da cantautora MarÃa Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. A Mostra outórgalle este premio "en recoñecemento ao seu espléndido labor artÃstico, compromiso e discurso a prol da igualdade e empoderamento das mulleres. Labor este que a converte nun referente para centos de nenas e nenos que tanto necesitan exemplos de mulleres libres que non hipotecan o seu éxito artÃstico a unha imaxe sexualizada ou estereotipada de si mesma senón á súa música e ás súas ideas". Este premio está directamente relacionado coas Xornadas Mulleres en Acción, que dentro da mostra están especialmente centradas nas profesionais das artes vivas e visuais e que este ano celebrarán a súa XIXª edición. Os premios entregaranse durante a realización da MITCFC.