Entre os vindeiros 30 de abril e 5 de maio, a oitava xeira do festival Primavera do Cine proxectará en Vigo máis dunha trintena de curtametraxes galegas, lusófonas e de animación. O auditorio do Instituto Camões e o MARCO acollerán as proxeccións do evento, entre as que destacan propostas como as galegas Mariñeiro, de Juan Galiñanes, Beautiful Boy de Fran X. RodrÃguez ou Americano, de Fon Cortizo ou as portuguesas Madness de João Viana ou Altas cidades de Ossadas, de João Salaviza. O programa inclúe tamén un concerto de Basanta e O método Morris, un seminario-charla de interpretación autodidacta impartida polo recoñecido actor vigués. O festival recibiu un total de 150 propostas para esta edición.
A organización do festival acordou outorgarlle a súa mención de honra a Manolo González "pola súa incansable labor en favor do cinema e a historia audiovisual galega, polos seus labores didácticos sempre co fin de dar a coñecer o cine galego e polo apoio que ofrece ás novas xeracións". A entrega deste recoñecemento realizarase na gala inaugural do evento, o vindeiro 1 de maio, nunha sesión ao aire libre no barrio do Calvario.