Xabarin.gal: videoclips e sintonías para a nostalxia e a descuberta

A CRTVG conmemora os 25 anos do Xabarín publicando os videoclips e as sintonías das series

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Xabarin.gal: videoclips e sintonías para a nostalxia e a descuberta

A CRTVG continúa a súa estratexia de incrementar os seus contidos de ámbito infantil. Tras o lanzamento en xuño de 2018 de Radio Picariña, unha emisora dixital de radio con música para nenos, agora lanza xabarin.gal, un sitio no que se poden visionar os vídeos musicais do emblemático programa, a cargo de moitos dos grupos galegos dos 90. No sitio, ademáis dos videoclips, pódense consultar as sintonías das series máis exitosas que no seu momento emitiu. Para nenos, ou para espertar a nostalxia dos seus pais, a CRTVG preve ir incrementando o contido nos vindeiros meses con máis material.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)