A moita xente pode parecerlle que a música tradicional está aà desde sempre, sen mudanzas, e que na actualidade só cómpre rescatala e interpretala. No entanto, o xeito no que a nosa sociedade se achega a este patrimonio foi mudando ao longo do tempo. Nas últimas catro décadas, o colectivo Xacarandaina foi un axente ademais de testemuña privilexiada destas mudanzas. A coincidir co seu aniversario repasamos con eles a evolución que se deu neste campo.
En 1979 un chamamento aberto a diferentes colectivos de danza tradicional da cidade da Coruña puña as bases do que, hoxe por hoxe, é un referente fundamental no traballo coa nosa tradición sonora e coreográfica. A Asociación e Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina celebra este ano o seu 40 aniversario, e segundo sinala o seu director desde 1982, Quique Peón, por moito que teñan mudado as cousas, os obxectivos do proxecto continúan a ser os mesmos. "Levamos anos de consolidación no noso labor, pero a meta continúa a ser situar o baile tradicional como parte do noso patrimonio, no sitio que lle corresponde. Para nós é a arte máis Ãntima e máis esencial e aÃnda non está no lugar que merece". A resumir a traxectoria do colectivo, apunta liñas de continuidade "sempre tentamos facer espectáculos a partir de recollidas de campo. ReconstruÃr as danzas e polas en escena a respectar as coreografÃas, os vestiarios, os xeitos de tocar e os protocolos de baile de cada sitio". Malia a esta persistencia, tamén houbo mudanzas, tanto na actividade da asociación como no traballo arredor destes elementos culturais.
Tempos de colleita
Deste xeito, unha das mudanzas máis claras que se deu no labor de Xacarandaina, e por extensión no dos diferentes colectivos dedicados á música tradicional, neste tempo foi a diminución no traballo de recolección de danzas e cantos polas aldeas. "No seu momento, durante os anos 80 e 90, houbo un traballo moi grande de recollida, con moitas persoas implicadas", lembra Peón. "Tanto nós como o resto de grupos, por contaxio uns dos outros, puxémonos a investigar", apunta. Máis do que competencia por se facer con novas danzas ou pezas para os respectivos repertorios, este investigador e coreógrafo apúntase a que se daba unha certa colaboración. "Se sabiamos que a unha comarca xa fora un grupo, Ãamos a outra que aÃnda non estivese investigada. Era unha carreira e a idea era recoller o máximo de material posible".
No caso concreto da agrupación coruñesa, o interese por compilar estas formas de cultura tradicional veu da necesidade de se diferenciar doutros colectivos da cidade. "Nun primeiro momento tiñamos a perspectiva da divulgación deste patrimonio. Os primeiros directores cos que contaba Xacarandaina viñan da agrupación de Coros e Danzas, que continuaba a existir, e ensinaban un repertorio similar. Entón cando coincidiamos nun mesmo festival, tiñamos que nos coordinar para non repetirnos. Aà veu a idea de ver se atopábamos alguén que nos ensinase algo diferente pola zona de Melide, e fixemos a primeira recollida en San Martiño de Moldes. Ese foi o primeiro chute, e a partir del continuamos. AbrÃusenos un mundo moi diferente ao que coñeciamos, estaba todo por descubrir", admite.
Froito daquel labor quedaron inxentes arquivos de material. O colectivo coruñés en concreto, atesoura "máis dun milleiro de melodÃas e bailes que puxemos en valor", e advirte que "o ritmo de estreas que temos non é rápido abondo como para lle dar saÃda a todo o que temos no arquivo". Precisamente tirar á luz moitos dos fondos aÃnda inéditos que se conservan nas mans de particulares e colectivos é un dos desafÃos máis importantes que Peón ve no movemento de recuperación da danza e da música do paÃs. "A idea é poder pór todo ese material en común nun único sitio. Esa é unha guerra que temos pendente". Co tempo, o peso desta actividade no conxunto do grupo foi diminuÃndo de xeito inevitable. "Agora é moito máis difÃcil recoller porque os informantes foron desaparecendo, é unha loita contrarreloxo", lembra.
Pandeireteiras e cantos de taberna
Do traballo de recollida saÃron boa parte das innovacións que este colectivo levou aos escenarios. E é que o contacto directo coa tradición que aÃnda ficaba nas aldeas amosou xeitos de traballar o baile e a música que en moitos casos pasaran desapercibidos en momentos anteriores. "Ao investigar nas aldeas démonos conta de que habÃa unhas formacións musicais que estaban sen estrear a nivel escénico que eran as pandeireteiras. Durante moitos anos danzábamos con gaitas, que están moi ben e que son o noso instrumento rei, pero vimos que nas aldeas co que máis se danzaba era con percusión de man e coa voz". Deste xeito, "fomos os primeiros que creamos un grupo deste tipo no seo cun colectivo folclórico. Hoxe hai moitÃsimos, houbo un impulso enorme sobre todo entre as mulleres, que eran as que máis tocaban e cantaban", explica. Precisamente no disco de aniversario que acaba de presentar a asociación pode escoitarse a que foi a primeira gravación dun grupo de pandeireteiras en estudio. Algo que supuxo no seu momento todo un desafÃo técnico. "Co tempo mudaron tamén os xeitos de gravar. Daquela os técnicos non sabÃan gravar pandeiretas e voces, é máis complicado do que rexistrar unha guitarra acústica", advirte, a recoñecer que "hoxe os estudos melloraron moito e iso nótase tamén nas gravacións". Outra variedade tradicional que incorporou a asociación foron os cantos de taberna. Se ben "antes cantábanse moito" ficaran fóra do foco dos grupos de música tradicional ata hai poucos anos, e na actualidade contan con abondosas mostras e concursos por toda a xeografÃa. A posta en marcha dun certame de baile tradicional que, con 39 edicións, é actualmente o máis antigo vivo do paÃs, ou o de música tradicional, que leva 30 anos en marcha, foron outras das apostas de Xacarandaina por revalorizar e dar a coñecer este patrimonio.
Remuda e sementes
Cunha traxectoria tan dilatada, non é de estrañar que a formación vise pasar moitos nomes polas súas fileiras. "Cada certo tempo remuda a xente que participa no grupo. Do comezo quedamos moi poucos", apunta Peón. Nese sentido salienta a importancia da escola que mantén o grupo e que contribúe a incorporar novos membros ao traballo de recollida e escenificación. "Esa canteira é da que nos nutrimos. AÃnda que tamén incorporamos xente doutros grupos, penso que a escola é a clave". Na actualidade máis de mil socios, con sesenta e catro grupos e clases a partir dos tres anos idade fan parte das actividades do colectivo. A partir desta multitude mantéñense 16 grupos de baile, 17 de pandeireta, 5 de gaita, 8 doutros instrumentos e mais un coro con 30 membros. Froito deste movemento constante de persoas en Xacarandaina é a ampla nómina de intérpretes recoñecidos que pasaron polo grupo. Sés, Mercedes Peón, Bieito Romero, Radio Cos, Xabier DÃaz, Samarúas ou Pablo DÃaz son algúns dos nomes que pasaron por esta matriz. Canda a eles, un sinfÃn de ensinantes de música e danza tradicional tamén se formaron neste espazo. "A cantidade de persoas que pasaron por aquà é enorme. De aquà saÃu moita xente que logo comezou a traballar e a dar aulas noutros lugares, é coma unha árbore con moitas pólas", explica Peón. AÃnda que o interese pola música tradicional como actividade de ocio vive un bo momento, este coreógrafo advirte que os tempos mudaron á hora de chegar ao público máis novo. "Hoxe compites con milleiros de actividades extraescolares que antes non habÃa. Cada unha das crianzas vai a moitas e resulta moi difÃcil coordinar cousas como ensaios extras". Nese sentido apunta que "tentamos mimar a escola a organizar actuacións. Contamos cun profesorado bo e achegamos nós o vestiario" como xeitos de manter un bo nivel de participación nas actuais circunstancias. Este apoio non está rifado, no entanto, coa exixencia. "PÃdese calidade e compromiso. A meta é tentar facer algo decente a cantar e bailar", apunta.
Melloras técnicas e escénicas
Para alén dos cambios a nivel de formación e da incorporación de novos xeitos de ollar a tradición, estas catro décadas deron tamén para melloras técnicas e equipamento no colectivo. "A nivel de danza melloramos enormemente. Aprendemos multitude de movementos de todo o paÃs e adquirimos maior técnica. Logo a nivel vestiario adiantamos moito, con grande esforzo porque é algo moi caro. Tentamos recrear as xoias, empregar tecidos feitos no tear, procurar os panos axeitados e crear patróns para os traxes", explica. Outra innovación que achegou Xacarandaina foi a aposta por ofertar espectáculos escénicos fechados a partir da tradición musical e de danza. No canto de desenvolver unha serie de pezas sen conexión, o grupo apostou por contar historias a partir destes elementos, unha fórmula que se estendeu a moitos outros colectivos do noso paÃs. En xeral, "o único que se fai é a reconstrución como se viña facendo. Sabes máis e achegas máis cousas, pero mantemos a fórmula de facer espectáculos fechados. O último que fixemos foi Galizien Amerika Line, que falaba da emigración. Presentáronse cousas de toda Galicia cun guión, un deseño de luces e un bo son". Esta aposta polo escenario, no entanto, non quita, segundo asegura Peón "que haxa que estar tamén no chan. É moi importante traballar na rúa e na terra, que é o hábitat natural do folclore".
Fidelidade
No entanto, e malia ás mudanzas que trouxeron estes 40 anos, Peón asegura que hai cousas que continúan igual, en particular no que se refire á fidelidade ás formas populares. "En Galicia, a diferenza doutros paÃses, temos a sorte de que os bailes teñen coreografÃa de seu. Noutros lugares só se danzaba en parella ou non habÃa algo asÃ, pero aquà temos coreografÃas de conxunto, e isto ten moita importancia ao nivel da danza. Entón con iso nós somos moi fieis. As coreografÃas que facemos son as que se bailaban na aldea, recolocadas no escenario para manter algo de equilibrio e cun traballo de reconstrución que é mÃnimo", asegura.
A pegada da tradición na sociedade
A maneira na que a tradición musical permeou na sociedade tamén mudou ao longo do tempo. E para Peón é agora o momento o que existe unha maior sensibilidade de cara ás formas sonoras propias. "A música folk do paÃs vai na actualidade moi enxugada coa tradición. Desde hai anos tirouse polo noso logo dun tempo en que estábamos algo perdidos nun celtismo estraño. O movemento actual chama a atención fóra", sinala. "As orellas do paÃs están a se afacer a escoitar xente que canta tradicional con mesturas contemporáneas e situadas nun marco actual, é algo que está a pegar moi ben". A caracterÃstica máis peculiar deste patrimonio sonoro, ao seu ver está "para alén das melodÃas, na percusión e nas voces. Estamos no meridiano cultural do Arco Atlántico e aquà conflúe esa parte aérea dos paÃses celtas cunha parte de percusión moi africana. Os folcloristas europeos alucinan porque aquà pousou todo, mantivéronse bailes de divertimento desde o século XII". A maiores, o interese pola tradición, como teñen comentado diferentes especialistas, tamén ten boa saúde no paÃs. "Sobre todo no sur, na provincia de Pontevedra, que están a se facer os seráns. Agora a xente xa non baila para subir a un escenario, senón para ir á festa. Hai moitÃsima xente que baila, e isto antes era algo impensable", recoñece este coreógrafo.
Futuros tradicionais
Nos vindeiros proxectos de Xacarandaina está continuar a celebración do aniversario. Logo da gala centrada na música que se desenvolveu o pasado 6 de abril no Teatro Colón, o colectivo fará unha nova representación en Carballo o dÃa 12 de maio e anuncia outro espectáculo centrado na danza para o vindeiro outono. Canda a isto, a presenza nun festival internacional de música tradicional, aÃnda por decidir, e a preparación dun novo espectáculo co Camiño Inglés a Compostela como fÃo, aparecen como vindeiros proxectos. A máis longo prazo prometen continuar cunha vella teima. "Seguimos metidos coa cuestión de declarar Ben de Interese Cultural o baile tradicional, un expediente que está incoado e que agardamos que se complete pronto. Despois a nosa intención é que a muiñeira chegue a ser Patrimonio da Humanidade, que é algo que pensamos que imos conseguir". De xeito máis xenérico, e dentro das cuestións pendentes para esta tradición, Peón apunta que na actualidade "cómpre facer un grupo profesional, sexa público ou privado con axuda pública. Resulta incrible que os conservatorios de danza galegos non conten con especialidade de danza tradicional". Tamén reclama un maior apoio institucional neste campo, nun momento no que "o Centro Coreográfico Galego está paralizado". Malia estes desafÃos e ás incertezas do futuro, semella que hai empurre para continuar co baile por uns anos máis.