Unha taberna calquera do país. Os clientes xogan ás cartas, toman café, cañas. E, de súpeto, sóbese un pano imaxinario e saen a escena dous neurocientíficos. É o ano 2006 e a ciencia asalta, seguramente por primeira vez, os nosos bares cunha fórmula que demostra que entre a ciencia e o humor pode haber amor. Esa é a receita do éxito dos cafés-teatro científicos, organizados polos investigadores do grupo Neurocom da Universidade da Coruña Xurxo Mariño e Casto Rivadulla contando coa complicidade dos actores Vicente Mohedano e César Goldi. Trece anos despois daquela novidosa experiencia, a ciencia segue a encher bares cun público que, agora si, sabe e busca o que vai atopar: moita ciencia para interpretar de xeito crítico un mundo que cambia ás carreiras, mais sen renunciar ao entretemento. Galicia é rica nestas experiencias de divulgación científica, pero mantén pendentes retos importantes como a produción de máis contidos audiovisuais capaces de se converter en virais. Ao fío dos XXI Encontros pola Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega e este ano dedicados á ciencia, Iolanda Casal repasa os principais fitos da divulgación científica no país.
A apertura da Casa das Ciencias na Coruña, no ano 1985, marcou o primeiro gran fito da divulgación científica en Galicia. Ao que foi o segundo museo interactivo de ciencia en España (tras CosmoCaixa, aberto en 1981), seguíronlle logo a Domus e o Aquarium Finisterrae, cos que conforma a día de hoxe a rede de Museos Científicos Coruñeses, con máis de 370.000 visitas ao ano. Mais a eclosión da divulgación da ciencia no conxunto do país produciríase máis adiante, a mediados da década pasada, grazas a unha combinación de factores entre os que destaca Diverciencia. A través deste programa, a Xunta de Galicia coordinou e financiou proxectos que, igual que os cafés-científicos, se baseaban na premisa de achegar, en galego, a todos os públicos ao coñecemento da ciencia dun xeito ameno e innovador.
Diverciencia morreu no ano 2011 e parte das iniciativas que impulsara esmoreceron. Outras continúan, moitas veces grazas ao empeño persoal e colectivo de persoas que viven a divulgación da ciencia como unha afección, ou como unha extensión do seu labor investigador e docente. Pero tamén grazas, cada vez máis, a persoas e algunhas empresas que se dedican profesionalmente a achegar a cidadanía á ciencia. Xente procedente do xornalismo, como a que fai posible o xornal GCiencia, e de carreiras científicas, como o químico e divulgador Manuel Vicente, responsable de Efervesciencia, o programa emitido pola Radio Galega desde 2006; e tamén persoas doutros gremios, como o actor Vicente Mohedano, que mantén viva o espírito dos Discurshows que compartiu con Xurxo Mariño, agora baixo a marca de Peripeciencia.
De novo nos bares, as Nerd Nites, Escépticos no Pub ou os encontros de Pint of Science son boa mostra tamén da resposta do público a iniciativas organizadas por voluntarios e voluntarias. Outras, como as Regueifas de Ciencia, con debates sobre temas que adoitan ser motivo de polémica, ou o propio Efervesciencia requiren algo máis que vontade e é posible levalas a cabo coas axudas da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, onde as propostas chegadas desde Galicia acada a segunda maior taxa de éxito, por riba do 47%.
A ciencia tamén se escoita na radio pública a través de colaboracións como as estreadas esta tempada no Galicia por Diante. Son tres seccións que teñen como protagonistas a química Déborah García Bello e o xenetista e o físico da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira e Ángel Carracedo, dous dos rostros máis populares da divulgación da ciencia feita en Galicia e na lingua propia. Pero esta crecente atención pola ciencia da Radio Galega non semella atopar réplica na TVG. A súa oferta de programas de divulgación caracterízase pola discontinuidade de espazos que non son propios, senón de produtoras que previamente acadaron financiamento da FECYT para facelos realidade. Haberá que agardar a coñecer que ofrece a súa futura plataforma de contidos dixitais, que segundo se anunciou hai uns días prestará atención aos contidos divulgativos de ciencia e tecnoloxía dirixidos ao público xuvenil.
De Youtube ao ensaio científico
O galego sofre tamén neste eido a falta de youtubeiros e yotubeiras, un perfil que medra en audiencia e influencia a nivel estatal como figuras como Quantum Fracture, con máis de millón e medio de subscritores na súa canle. No contexto escolar autonómico existen experiencias interesantes como a do profesor de ciencias naturais e xeoloxía Xacobo de Toro, pero non se atopan apenas recursos audiovisuais na lingua de noso dirixidos cara a un público de máis idade. Contidos capaces de se converter en virais nas redes sociais, como as pezas que se están a facer no marco da recente colaboración entre a revista dixital Vinte e os Museos Científicos Coruñeses; ou as Moléculas en Galego que serve Javier Balea directamente nas redes sociais.
Outro importante reto en clave galega está no sector do libro. Coleccións como Básicos Ciencia de Xerais son un motivo de esperanza nun panorama editorial que tradicionalmente ignorou os ensaios e a divulgación de ciencia, non sendo as guías da natureza publicadas por distintos selos. Se Galicia quere unha lingua normalizada, o presente e o futuro pasa tamén por profundar neste tipo de escrita e lectura. Unha boa forma tamén de tender pontes entre as ciencias e as humanidades, as dúas igualmente necesarias na construción dunha sociedade que cultive o pensamento crítico.
Algunhas ligazóns de interese:
Peripeciencia [web]
Efervesciencia: [web]
Escépticos no Pub:[blog]
Divulgacción: [web]
Nerd Nite Compostela: [web]
Ángel Carracedo no Galicia por Diante: [Podcast]