Xulia Pisón mestura aventura e divulgación en Micro algas

Fosfatina publica Cadencia, unha BD abstracta de Roberto Massó

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Xulia Pisón mestura aventura e divulgación en Micro algas

Como parte do proxecto de investigación Enhance Microalgae, a debuxante Xulia Pisón acaba de publicar Micro algas. El mundo oculto. O volume, no que mestura ficción e divulgación científica sobre este tema, aborda as aventuras dun grupo de adolescentes para defender o medio ambiente. A obra ve a luz en castelán e está prevista unha vindeira edición na nosa lingua da man da Universidade da Coruña.

En paralelo, a editora viguesa Fosfatina acaba de lanzar Cadencia, unha banda deseñada abstracta do autor estremeño Roberto Massó. Ao longo de 144 páxinas, o autor explora a representación do movemento e da elipse nunha obra que narra "a historia do que o noso ollo é incapaz de ver" no que se presenta como "un cómic no que os debuxos crearn un relato sobre o movemento".

Que che parece esta nova?
121 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña, Cómic, Banda deseñada

Claves