Pesar na cultura do país polo falecemento de Giuseppe Tavani

O investigador de referencia da lírica medieval galego portuguesa faleceu en Roma

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Giuseppe Tavani. Fotografía da Galipedia.

Giuseppe Tavani. Fotografía da Galipedia.

O filólogo Giuseppe Tavani, membro de honra da Real Academia Galega e Medalla Castelao, falecía en Roma, a súa cidade natal, o pasado día 22 de marzo. O investigador, referente nos estudos sobre lírica medieval galego-portuguesa, contaba con 95 anos e foi promotor da teoría que sitúa o noso país como berce e centro difusor das formas trobadorescas. Ademais, desenvolveu un importante labor de tradución e difusión de obras galegas contemporáneas coa creación da colecciónn Poeti e prosatori galeghi en colaboración con Giulia Lanciani.

O seu labor valeulle recoñecementos como o Premio da Crítica de Galicia (1987), o Pedrón de Ouro ou o título de doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela. A Real Academia Galega, que emitiu un comunicado, ou a Universidade de Santiago, así como diferente persoeiros da cultural amosaron publicamente o seu pesar polo falecemento.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Giuseppe Tavani, Roma, Castelao, Real Academia Galega...