A Asociación pola Recuperación dos Desaparecidos do Franquismo (ARDF) iniciou unha campaña de obtención de fondos para a exhumación de dezasete vítimas do franquismo soterradas en San Vicente de Fervenzas (Aranga, A Coruña) e Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz, Lugo). Foron os familiares das vítimas quen solicitaron a apertura das foxas comúns, que conteñen tanto a vítimas. No caso da fosa común de Fervenzas, nela están soterrados tres guerrilleiros do destacamento "Santiago Álvarez", que caeu na aldea de Milreo (Aranga) o 26 de xuño de 1946, incluíndo o coñecido combatente Marcelino Rodríguez Fernández "Marrofer". A ARDF solicita 8.000 euros cos que se contempla a exhumación, as probas de ADN, o estudo antropolóxico dos restos humanos e a adquisición das caixas na que serán entregados. Os profesionais traballan de xeito voluntario na exhumación.