Lugo e Santiago acollen sendos festivais internacionais de marionetas

Os títeres son protagonistas das rúas galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Monicreques chegados de tódalas partes do mundo tomarán estes días as rúas luguesas e santiaguesas. Belgas, ingleses, cubanos, e galegos son os creadores dos espectáculos de luces e de cores feitos para tódolos públicos.

Festival Internacional en Santiago

O Festival Internacional de títeres de Santiago celebra este ano a súa V Edición. Un programa que se veu alterado pola folga de transportes. Na xornada de hoxe emerxe a presencia da compañía cubana Eklipse onde destaca a figura de Xiomara Palacios, que presentará o espectáculo "La danza de las marionetas". O Teatro Principal, a sala Santyago e o Centro Sociocultural de San Lázaro son os escenarios nos que se celebrará este festival.


Monicreques en Lugo

Estes días Lugo vive as súas Festas de San Froilán 2000, marco no que se celebra o Festival Internacional de Monicreques. Os galegos Teatro Falcatrúa e Dantea Teatro, co grupo británico Rod Burnet conforman o cartel de saída para as actuacións de hoxe. As actuacións dos diferentes grupos evocan temas culturais pensando nun público novo.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Espectáculo, Teatro, Danza...