
A xornada do 22 de marzo estará dedicada á oralidade, cun slam, unha sesión de bertsolaris vascos, Jon Maia e Amets Arzallus, e un recital de propostas que mesturan a música e a poesÃa. O slam é un torneo de poesÃa, no que os participantes enfróntanse a través de recitais dramatizados, con rondas na que cada participante ten uns minutos para ler os seus textos. O torneo estará conducido por Esther Carrodeguas, contará con música de Juanma LoDo, e sobre o escenario bateranse Iolanda Zúñiga, Oriana Méndez, Carmen Conde, Vanessa Glemsel, Luix Kaf, Malvares de Moscoso, Clara Gayo e Silvia Casal. A axenda do venres completarase cun recital de "poesÃa sen etiquetas" que reúne a GarcÃa Mc & LAR Legido, nun proceso de improvisación que mestura o hip hop co jazz experimental; LucÃa Aldao, unha referencia na poesÃa oral galega; e Pablo X Suárez e Dudu, que se xuntan no proxecto !El Velcro".
Xa na terceira xornada do festival, está prevista a estrea do proxecto poético e musical no que colaboran a poeta Nuria Vil e a banda de rock, psicodelia e new wave Rabuda. Ademais, o programa chegará aos recunchos máis inaccesibles do Teatro Principal coa sección "Atravesei a cerca", na que participarán Gonzalo Hermo, Elena Medel, Ana Romanà e Chus Silva, Alejandro Palomas e Margarita Ledo. Todos eles protagonizarán accións individuais para grupos reducidos de vinte persoas cada un. O festival Alguén que respira! clausúrase cun recital de grande intensidade, que reunirá no escenario a sete artistas que desenvolverán unha complexa visión sobre a poesÃa e, polo tanto, sobre a vida. Serán o actor Alfredo RodrÃguez e a actriz Mónica Caamaño, cun traballo sobre versos de Jesús Castro, Xela Arias, Olga Novo ou Chus Pato; Afonso Tarficante, que estreará a produción Zunido, na que recitará acompañado por un vibráfono; Félix Fernández, que recuperará os textos do seu irmán Xabier Fernández no oitavo aniversario da súa morte; Silvia Penas, cun traballo sobre as cantigas de amigo encargado polo festival; o popular rapeiro Hard GZ, unha das figuras emerxentes do hip hop español e, por último, a brasileira Elisa Lucinda.
Actividades paralelas
O festival "Alguén que respira!" complétase cun programa matutino que se desenvolverá no ambigú do Teatro Principal. Serán sesións de conversa con "Café con Moha", sobre temas vinculados coa poesÃa, como a importancia do corpo nas novas linguaxes lÃricas, o escenario como soporte, a esencia do poema ou o reto de publicar poesÃa na actualidade. Na iniciativa participarán poetas como Raúl Zurita, Elena Medel, Marta Dacosta, Henrique Alvarellos, Pablo X Suárez, Sònia Moll, Mario Regueira, Wladimir Vaz, Miguel Anxo Fernán Vello, Mónica Caamaño, LuÃs Tosar ou Elisa Lucinda. Exercerán como moderadores recoñecidos xornalistas como Daniel Salgado, MarÃa Obelleiro, Caetano DÃaz, Francisco Novo e Anxo Quintela.