Un mapa retrata a Galicia das cidades asulagadas

Está producido por MaOS Innovación social

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Mapa de Cidades Asulagadas / MaOS Innovación social

Mapa de Cidades Asulagadas / MaOS Innovación social

A cooperativa cultural MaOS Innovación social publicou un mapa de acceso aberto no que recompila "unha das nosas tradicións máis fermosas e parte fundamental do noso patrimonio inmaterial", a lenda das Cidades Asulagadas. Vinculadas a lagoas e ríos de todo o país, o mapa permite apreciar a localización de 37 cidades míticas das que se conserva unha memoria na tradición oral. Da cidade de Valverde, na lagoa do Carregal, en Ribeira, ata Antioquía, na antiga lagoa de Antela, na Limia, ou de Duio en Fisterra a Bandomil, en Vilalba. De boa parte delas consérvase a historia dunha antiga cidade mergullada baixo as augas tras un castigo divino.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: MaOs número 0

Quiosco: MaOs número 0

Proxectos de dinamización social e artigos sobre patrimonio centran os contidos da publicación

A lagoa que retorna

A lagoa que retorna

Sandiás abre un Centro de Interpretación para recuperar a memoria da Lagoa de Antela

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Limia, Fisterra, Vilalba

Claves

Conceptos