Quen busque no val do Limia a Lagoa de Antela posiblemente só distinguirá nunha vasta superficie agrÃcola as leiras nas que se cultivan as sonadas patacas da rexión. A gran lagoa, desecada no franquismo, desapareceu, pero unha nova xeración tenta recuperar a súa memoria a partir da tradición oral e etnográfica e a recuperación das novas pequenas lagoas que xurdiron tras o abandono das explotacións areeiras, ás que están a volver as aves migratorias e a vida salvaxe. No Centro de Interpretación da Lagoa de Antela do Concello de Sandiás, recén inaugurado, volve nacer a memoria popular e a vida da que foi a gran lagoa de Galicia.
A lagoa de Antela, que chegou a ser o maior humidal de Galicia e un dos meirandes da PenÃnsula, foi desecada de xeito agresivo a partir de 1958 polas autoridades franquistas. Sen embargo, a auga segue ficando na Limia, e non só de xeito metafórico. Como a capa freática de augas subterráneas está moi alta, as escavacións abandonadas polas empresa areeiras da zona anéganse e convértense en novos espacios acuáticos nos que volven as aves migratorias e aparece a vexetación lacustre. Son retallos do novo humidal da Limia. O Concello de Sandiás e a Asociación Cultural Amigos da Casa da Lagoa queren recuperar a vella memoria da lagoa apoiándose nestas novas lagoas de Antela.
No centro da vila de Sandiás, no que era a antiga marxe noroeste da Lagoa de Antela, unha antiga casa labrega acolle o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. O Concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, coa que se buscaba “dinamizar os núcleos rurais con propostas culturais dun claro interese turÃstico”. Son cinco salas de exposición máis outras cos servizos habituais nos centros de interpretación (proxeccións, salas de xogos, etc.) nas que se “pretende amosar aos visitantes os cambios acontecidos na comarca da Limia a través dun percorrido pola Lagoa de Antela, a recuperación das areeiras abandonadas, o patrimonio inmaterial e a etnografÃa”.
Coma noutros centros de interpretación etnográfica, o percorrido polas salas permite identificar os instrumentos tradicionais dos traballos agrÃcolas na comarca, nos que se acredita de xeito moi claro o nome dos veciños que cederon os obxectos e se fomenta unha cultura da preservación deses materiais. Xavier Feijoo, o Presidente da Asociación Cultural Amigos da Casa da Lagoa e mantedor do web Cultura Popular de Sandiás, amosounos o Centro de Interpretación. Este activo promotor da cultura local está convencido de que é preciso crear este tipo de espazos como un xeito de reactivar unha zona sometida a un forte envellecemento demográfico e poucas alternativas económicas.
EtnografÃa, ecoloxÃa e diversidade biolóxica. Durante bastante tempo, o concello de Sandiás tivo moitos negocios baseados na extracción de áridos, area e gravas que se atopaban, continuamente, coa capa freática de auga. Ao seren abandonadas, estas excavacións enchéronse de auga e constitúen unha pequena rede de acuÃferos que agora están a ser protexidos mercé a un proxecto da ConsellerÃa de Medio Ambiente. O Centro de Interpretación, na súa sala interactiva, conta con “ollos” sobre estes humidais. Unha cámara IP que se pode teledirixir desde o centro permiten coñecer en tempo real o que acontece nas charcas monitorizadas.
O obxectivo do Centro é “transmitir dunha forma amena e comprensible os valores culturais e natruais da zona da antiga lagoa de Antela e fomentar nos visitantes un desexo de conservación”. Deste xeito, estase a traballar en unidades didácticas e cóntase con salas de xogos para os visitantes máis cativos. As visitas ao Centro son concertadas, e a Asociación de Amigos da Casa da Lagoa e o Concello están a traballar coa asociación de turismo rural da zona para promover entre os visitantes da zona o centro de interpretación. Con todo, calquera pode visitar o centro, chamando ao Concello de Sandiás (teléfono 988465001 ou no web oficial do concello).
Folleto do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela.A lagoa de Antela, que chegou a ser o maior humidal de Galicia e un dos meirandes da PenÃnsula, foi desecada de xeito agresivo a partir de 1958 polas autoridades franquistas. Sen embargo, a auga segue ficando na Limia, e non só de xeito metafórico. Como a capa freática de augas subterráneas está moi alta, as escavacións abandonadas polas empresa areeiras da zona anéganse e convértense en novos espacios acuáticos nos que volven as aves migratorias e aparece a vexetación lacustre. Son retallos do novo humidal da Limia. O Concello de Sandiás e a Asociación Cultural Amigos da Casa da Lagoa queren recuperar a vella memoria da lagoa apoiándose nestas novas lagoas de Antela.
No centro da vila de Sandiás, no que era a antiga marxe noroeste da Lagoa de Antela, unha antiga casa labrega acolle o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. O Concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, coa que se buscaba “dinamizar os núcleos rurais con propostas culturais dun claro interese turÃstico”. Son cinco salas de exposición máis outras cos servizos habituais nos centros de interpretación (proxeccións, salas de xogos, etc.) nas que se “pretende amosar aos visitantes os cambios acontecidos na comarca da Limia a través dun percorrido pola Lagoa de Antela, a recuperación das areeiras abandonadas, o patrimonio inmaterial e a etnografÃa”.
Coma noutros centros de interpretación etnográfica, o percorrido polas salas permite identificar os instrumentos tradicionais dos traballos agrÃcolas na comarca, nos que se acredita de xeito moi claro o nome dos veciños que cederon os obxectos e se fomenta unha cultura da preservación deses materiais. Xavier Feijoo, o Presidente da Asociación Cultural Amigos da Casa da Lagoa e mantedor do web Cultura Popular de Sandiás, amosounos o Centro de Interpretación. Este activo promotor da cultura local está convencido de que é preciso crear este tipo de espazos como un xeito de reactivar unha zona sometida a un forte envellecemento demográfico e poucas alternativas económicas.
EtnografÃa, ecoloxÃa e diversidade biolóxica. Durante bastante tempo, o concello de Sandiás tivo moitos negocios baseados na extracción de áridos, area e gravas que se atopaban, continuamente, coa capa freática de auga. Ao seren abandonadas, estas excavacións enchéronse de auga e constitúen unha pequena rede de acuÃferos que agora están a ser protexidos mercé a un proxecto da ConsellerÃa de Medio Ambiente. O Centro de Interpretación, na súa sala interactiva, conta con “ollos” sobre estes humidais. Unha cámara IP que se pode teledirixir desde o centro permiten coñecer en tempo real o que acontece nas charcas monitorizadas.
O obxectivo do Centro é “transmitir dunha forma amena e comprensible os valores culturais e natruais da zona da antiga lagoa de Antela e fomentar nos visitantes un desexo de conservación”. Deste xeito, estase a traballar en unidades didácticas e cóntase con salas de xogos para os visitantes máis cativos. As visitas ao Centro son concertadas, e a Asociación de Amigos da Casa da Lagoa e o Concello están a traballar coa asociación de turismo rural da zona para promover entre os visitantes da zona o centro de interpretación. Con todo, calquera pode visitar o centro, chamando ao Concello de Sandiás (teléfono 988465001 ou no web oficial do concello).
Autocolante para identificar aves de lagoa da Limia..