A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu homenaxear co Premio de Honra "Fernando Rey" de 2019 á actriz e dobradora galega Mela Casal polo seu "traballo a prol da construción do audiovisual galego dos últimos trinta anos, ser unha das nosas pioneiras e un dos rostros máis coñecidos do noso audiovisual". A actriz recibirá o Premio Fernando Rey durante a Gala dos Mestre Mateo, que terá lugar no Pazo da Ópera da Coruña o sábado 2 de marzo. Mela Casal naceu en Boqueixón, en 1948. FÃxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie Mareas vivas e posteriormente foi unha das protagonistas doutra serie de ficción de éxito da TVG, A vida por diante, emitida entre xaneiro de 2006 e decembro de 2007. Entre os filmes nos que participou destacan tÃtulos como Sei quen es (2000), de Patricia Ferreira, O lapis do carpinteiro(2003) de Antón Reixa, O ano da carracha (2004), de Jorge Coira, ou Vilamor (2008) e A Esmorga (2014), ambas de Ignacio Vilar.
A audiencia habitual da Televisión de Galicia lembrarana tamén de emblemáticas ficcións como RÃas Baixas, Pratos combinados, Padre Casares e Terras de Miranda, sen esquecer o seu papel de Socorito en Luar. En televisión ten colaborado ademais noutras producións como Nada es para siempre ou a recentemente multipremiada Fariña (Antena 3). Mela tamén desenvolveu gran parte do seu traballo no ámbito teatral en diversas obras do Centro Dramático Galego, Teatro Bruto, Pifano Teatro e Redrum Teatro. Polo seu papel na montaxe Noiteboa, desta última, fÃxose co Premio MarÃa Casares á mellor actriz protagonista no 2016.