Fely Manzano recibirá o Mestre Mateo de Honra

A Academia Galega do Audiovisual recoñece así a traxectoria da actriz

24/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O seu "amplo labor no mundo escénico" e o "traballo realizado no audiovisual galego desde o seu mesmo inicio" valéronlle á actriz Fely Manzano o recoñecemento da Academia Galega do Audiovisual. Manzano recibirá o vindeiro 12 de abril o premio de Honra dos Mestre Mateo no transcurso da gala dos premios do noso audiovisual. A intérprete é coñecida polo grande público pola súa presenza en series como Pratos Combinados, Fíos ou A vida por diante ou filmes como Urxa, A lingua das bolboretas, Lena ou La rosa de Alejandría. Ademais, ten participado en múltiplas curtametraxes e posúe unha ampla experiencia no ámbito teatral.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual