
Leis e Xoana son os únicos músicos galegos que compiten polo premio ao Mellor Álbum a nivel nacional e tamén á mellor Produción Musical. Ambos están tamén nos postos semifinalistas do premio a Mellor Álbum Pop, xunto co grupo vigués Basanta. No premio á Mellor canción Fredi leis está presente con Sálvate, Xoana con Mártíres e nesa categoría entra tamén Hard GZ con Love. O rapeiro compite entre outros 29 como mellor artista con Novedades Carminha e na categoría propia dos albumes de Hip Hop e música urbana está como semifinalista polo seu disco Versus e tamén aí están os composteláns Ezetaerre con Pólvora e tormenta. A presenza de artistas de Galicia entre os semifinalistas faise sentir especialmente na categoría de Mellor Artista Emerxente; xunto aos citados Fredi Leis e Xoana están tamén Ezetaerre, Basanta, Tanxugueiras e a ourensá Marem Ladson. Abe Rábade Trío, con Doravante e Baldo Martínez con Cuarteto Europa, fan a nosa representación entre os premios aos discos de Jazz; Mercedes Peón con Deixáas e Mounqp con Castro verdi acadaron so apoios para entrar como semifinalistas entre os mellores traballos de música electrónica e Disco Las Palmeras! Fixeron o propio no premio ao Mellor Disco de Rock con seu Cálida optando a ese recoñecemento.
Na categoría de Músicas do Mundo & Fusión son catro as propostas xurdidas da escena galega que se colocaron entre as trinta semifinalistas grazas ás votacións populares. Noró, de Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre entrou na lista grazas aos seus 194 votos recibidos; Susana Seivane con Fa, Germán Díaz & Benxamín Otero con 13 cancións bonitas e Tiruleque con Outro que tal baila completan a nosa representación. Finalmente na categoría de premio ao mellor disco en galego do ano 2018, a lista de candidaturas era de doce, inferior aos 30 de corte que especifican as bases, polo que todos son semifinalistas.