A piques de resolverse a súa nominación aos Premios Goya, o filme Memorias de un hombre en pijama, dirixida por Carlos Fernández de Vigo, acaba de sumar un Premio Gaudà ao seu palmarés. A produción de Ézaro Films fÃxose co galardón á Mellor PelÃcula de Animación na 11 edición dos premios que concede anualmente a Acadèmia del Cinema Català . O vindeiro sábado 2 de febreiro saberase se se impón na mesma categorÃa dos Premios Goya, que se fallarán en Madrid.
Canda a este traballo de animación, tamén o filme Desenterrando Sad Hill, do vigués Guillermo de Oliveira saberá se consegue o premio ao mellor documental nos Goya. Mentres, conseguiu o recoñecemento do CÃrculo de Escritores Cinematográficos, que lle outorgou a esta produción a súa medalla anual. A pelÃcula percorre a tentativa dun grupo de afeccionados de recuperar o escenario final do filme O bo, o feo e o malo en Burgos.